Serán divertido: despedida da IV Edición da Escola Ambiental de Senda Nova

Serán divertido: despedida da IV Edición da Escola Ambiental de Senda Nova

Despedida da IV Edición da Escola Ambiental de Senda Nova

Despedida da IV Edición da Escola Ambiental de Senda Nova

O pasado sábado día 2 de xullo, despedimos entre xogos, risas, sorteos, e boa compaña os programas de actividades que vimos de celebrar durante todo o “curso”, demos remate aos 8 meses de Escola ambiental , que vimos levando a cabo dende o mes de novembro, despedimos e revivimos os bos momentos vividos durante as Semanas de Natureza e Paisaxe e  a Primavera en Ruta, entre outros programas e actividades que viviron paralelamente á Escola Ambiental as case dúas ducias de integrantes da mesma.

A partires das 18:00h, os nenos e nenas que formaron parte desta IV Edición da Escola Ambiental de Senda Nova, acompañados dos seus familiares e amigos, e como non o grupo de monitores e monitoras, comezaron a achegarse a rúa colombia para dar comezo a unha estupenda tarde de sol na que os zancos, a mariola, a corda, as buxainas e os sacos, entre outros,  se convertíron en protagonisas principais da xornada. Os monitores, pais, nais, nenos e nenas saltaron, xogaron, cantaron e riron durante horas, a vez que reviviron momentos e anécdotas vividas durante as actividades.

Entorno ás 20:00 h despois de merendar todos xuntos, realizáronse diversos sorteos nos que moitos dos asistentes aumentaron e completaron o seu “equipo sendeirista” , camisetas, gorros, bastóns e ata unha mochila produciron espectación e nerviosismo entre os máis pequenos mentras eran sorteados.

Demos remate pois, a 8 meses de esforzo por parte de participantes, familias e voluntarios e voluntarias da asociación. Demos remate a 8 meses de aprendizaxe, 8 meses de convivencia e de actividades interpretativas todas as semanas. 8 meses nos que con toda a ilusión do mundo intentamos poñer en valor da man dos máis pequenos o noso patrimonio cultural e ambiental máis achegado. Foron moitas semanas de adicación ao noso entorno, ao noso medio, tratando de dar a coñecer as ducias de espazos importantísimos da nosa contorna, a importancia de conservar a natureza e o patrimonio, dende a perspectiva de que o primeiro paso para protexer é dar a coñecer e poñer en valor.

Agradecer unha, e mil veces máis o esforzo de todos e cada un dos participantes, familias, monitores, administracións e persoas que fixeron posible que un proxecto tan ambicioso coma este, feito íntegramente por voluntarios e voluntarias, como todas as actividades da entidade, saia adiante por 4º ano consecutivo.

Celebrouse unha despedida, pero tamén unha benvida, a chegada do verán e con él outro tipo de actividades para os que estamos seguros que os nosos nenos e nenas estarán completamente capacitados para afrontar e disfrutar delas ao máximo.

Este mesmo sábado temos a primeira, o roteiro nocturno, que un ano máis nos levará a Pico de Meda (Zas), a actividade está aberta a todo aquel que queira participar, consistirá unha ruta nocturna duns 10 km de distancia, que se celebrará o sábado día 9 de xullo as 21:00h, convidámosvos a todos e a todas a participar, e a observar e sentir dunha forma diferente e dende unha perpectiva distinta a natureza. Para obter máis máis información e formalizar as inscripcións (ata o 7 de xullo): sendanova@hotmail.com / 696155232. / www.sendanova.org .

Esperámovos!