Sofán: a terra como era.

Sofán: a terra como era.

ríos de Sofán 2016

ríos de Sofán 2016

 

Fábricas que cheiran a antigo, que rechían co movemento da auga. Moreas de muíños abandonados. Covas de historia incerta e de lonxitude por explorar. Castros con cheas de lendas que aínda hoxe desprenden reparo nos máis maiores.

Sofán ofrécenos mil recunchos imposibles para coñecer  e outros mil para investigalos a través dunha ruta que percorre o máis íntimo dunha das maiores parroquias da comarca.

Ríos de Sofán navega na lama das beiras do Bardoso e do Carral e camiña por antigas corredoiras cheas de encanto e de historia, que transmiten emoción e que nos traslada a épocas pasadas. Patrimonio por descubrir e máis de vinte qm íntegros por un dos percorridos máis emocionantes e enlamados polos que percorremos.

A noso Sofán como era antigamente para pechar unha 8º PRIMAVERA EN RUTA chea de coñecemento.

Aló imos este vindeiro domingo. Estás a tempo de acompañarnos.

ríos de Sofán 2016

ríos de Sofán 2016

 

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close