Un 6º OUTONO EN MARCHA polo rural de Bergantiños

Un 6º OUTONO EN MARCHA polo rural de Bergantiños

sendanova---vi-outono-en-marcha_cartaz

sendanova---vi-outono-en-marcha_cartaz

Presentación 6 OM A Laracha 3

Presentación 6 OM A Laracha 3

A Casa da Cultura da Laracha acolleu a presentación dunha nova edición dun dos proxectos con máis participación e experiencia da entidade: o Outono en Marcha.

Noeste ano 2017 comezamos cunha 6º edición dun programa de andainas que crece, por vez primeira, con actividades paralelas que intentan poñer o foco, máis que nunca aínda, na posta en valor dos valores do noso rural. Queremos focalizar deste xeito a importancia do traballo a prol destes espazos xeográficos vidos a menos en poboación, vida e actividade dinamizadora, que se traducen nun abandono continuo con consecuencias devastadoras a nivel cultural, social e ecolóxico.

As camiñadas seguen o obxectivo principal marcado dende fai anos de exprimir dos itinerarios deseñados, o mellor patrimonio ecolóxico, cultural e paisaxístico das parroquias de Bergantiños. En moitos casos coa colaboración de entidades e os propios persoeiros das parroquias  por onde pasamos. De facelo con dinamización contínua, ano tras ano.

Quixemos complementar, nesta edición con actividades paralelas dende o Espazo da Natureza de Oza, un espazo no que estamos a traballar no seu acondicionamento e dinamización como lugar de potenciación do patrimonio.
Os xoves de filmes veñen sumar con propostas que saen dos propios asociados da entidade. Son proxeccións que pretenden achegarnos ao medio natural dende diferentes prespectivas.

As presentacións dos itinerarios é algo antigo e continuo nas programacións de andainas, e teñen por obxectivo darlle difusión aos deseños de itinerarios para así facelo co seu patrimonio.  As dúas propostas que mostramos son de dous itinerarios ben coñecidos xa, pero que non tiveron o escaneo suficiente a través das presentacións realizadas.

Con todo, estamos orgullosos dun proxecto en ascenso e máis vivo que nunca que se fai realidade cun cúmulo de esforzos destacables e imprescindibles: O Concello de Carballo, o Concello da Laracha, Protección Civil de Carballo e a Plataforma pola defensa de Monte Neme, únense aos nosos voluntarios e voluntarias para seguir en marcha co outono. O  VI Outono en Marcha. Agradecidos quedamos.

Coidamos que o rural ten futuro, e que o futuro está no rural.

 

Presentación 6 OM A Laracha

Presentación 6 OM A Laracha

Presentación 6 OM A Laracha 2

1.PROGRAMACIÓN DO OUTONO EN MARCHA

Camiñadas polo rural de Bergantiños

 

 

  • VÍA ALCAIANUS ( Coristanco-Carballo)

29 outubro

Distancia aproximada    19 km

Dificultade media-baixa

 

Saídas:

Concello da Laracha                                  Carballo Rúa Venezuela

8:00 h.                                                                              8:15h.

 

 

 

. SENDA DAS CAPELAS ( A Laracha)

5 novembro

Distancia aproximada   16 km

Dificultade media

 

Saídas:

Concello da Laracha                                                          Carballo Rúa Venezuela

8:30h                                                                                           8:15h

 

 

  • RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER ( Carballo)

12 novembro

Distancia aproximada           14 km

Dificultade  media-baixa

 

Saídas

Concello da Laracha                                               Carballo Rúa Venezuela

8:00h                                                                             8:15h

 

 

  • TERRAS DO MARQUÉS ( Carballo)

19 novembro

Distancia aproximada  14 km

Dificultade media

 

Saídas:

Concello da Laracha                                             Carballo Rúa Venezuela

8:00h                                                                            8:15h.

 

 

 

  • PEGADAS DO WOLFRAMIO ( Carballo-Malpica de Bergantiños)

26 novembro

Distancia aproximada      19km

Dificultade media

 

Saídas:

Concello da Laracha                                             Carballo Rúa Venezuela

8:00h                                                                              8:15h

 

 

 

  • RUTA DAS FÉRVEDAS ( Carballo)

3 decembro

Distancia aproximada  15 km

Dificultade media

 

Saídas:

Concello da Laracha                          Carballo Rúa Venezuela

8:00h                                                      8:15h

 

 

Saborea Bergantiños a través das camiñadas de carácter interpretativo

Aprende camiñando sobre o noso patrimonio máis achegado

Coida o teu entorno

 

 

  • Pasaremos a xornada xuntos. A hora de chegada dependerá do volume de participantes, características do roteiro, climatoloxía, interpretación do patrimonio…
  • Esquécete do avituallamento, encargámonos nos del.
  • Encargándonos tamén do transporte, dende os lugares de saída ata o comezo de andaina e de volta ao remate da actividade.
  • Interpretaremos cada punto de interese no roteiro grazas ao teu comportamento e á túa aportación.
  • Por suposto, facemos piña, camiñaremos en grupo

 

LEMBRA SEMPRE

 

            Puntualidade

  • Se ecolóxico, aproveita ao máximo a actividade. Aportando e escoitando.
  • Melloraremos a convivencia grazas a ti. Se comprensivo cos problemas dos demais e respecta as normas dos voluntarios e voluntarias da organización e Protección Civil.
  • Lémbrate tamén do calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable), roupa axeitada, mochila, impermeable, navalla, gorra, protección solar. Tamén a túa cámara de fotos é importante.
  • Para unha mellor interpretación dos percorridos e polo coidado do entorno, nalgúns roteiros as prazas poden ser limitadas.
  • Que as actividades poden sufrir modificacións.
  • Deixar o entorno como o atopas. Evita deixar pegadas innecesarias. Non deixes papeis, non fagas ruidos. Respecta aos habitantes das aldeas (animais e persoas). Deixa as cancelas como as atopas.
  • Nunca te saias do camiño

 

INSCRIPCIÓNS

 

Lugares de apuntamento:

 

Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                                        luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

 

Pazo da Cultura de Carballo                                               mércores,de 17 a 20h

Espazo da Natureza de Oza                                         xoves e venres de 17 a 20h.

 

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

 

Prezos:

 

Maiores de idade: 6 €

Menores de idade e socios 3€

Socios menores 1€

 

 

MÁIS INFORMACION

 

www.sendanova.org

asociación@sendanova.org

tf 611037617

facebook.

 

 

XOVES AUDIOVISUAIS POLO RURAL

9 novembro

Entrar aos Vilares  de Cibrán Tenreiro

Duración: 55 minutos

Sinopse:

Hai vida fora das urbes, hai un gran traballo en parroquias e aldeas que parece caer no esquecemento. Os Vilares é a parroquia do poeta Díaz Castro e a ela entran nestre traballo audiovisual tres mozos non nacidos nela, que intentan deste xeito recoller a súa percepción.

 

16 novembro

Los últimos dragones d´Uviéu   de Jorge Chachero y David Álvarez

 

Duración: 25 minutos

Sinopse:

Na cidade de Uviéu viven varias poboacións singulares de píntegas. Este documental conta a súa historia, lendas que rodean ao animal, así como as particulariedades destas poboacións, desveladas grazas a traballos científicos recentes, e que permitiron que sobrevivisen ata a actualidade.

 

 

23 novembro

A Luz do Negro   de Encarna Otero 

Duración 30 minutos

Sinopse:

Juventina, Celsa, Visita y Pura, xunto ao experimentado mineiro José Parcero, foron xuntadas por Encarna Otero directora do documental A luz do negro, para dar testemuña do papel xugado polas mulleres nos anos de explendor da minería do volfram.

 

 

 

30 novembro

Las Montañas del lobo. Joaquín Gutierrez Acha

Duración 52 minutos

Sinopse:

Este documental móstranos a vida de algúns exemplares de lobos de España. Concretamente de algúns que aínda sobreviven nas montañas de nubes  do norte de España. Alí, as manadas de lobos están gobernadas ás veces, por líderes intolerantes e perigosos. Os clans familiares deixan de ser un lugar seguro para vivir e algúns individuos vense na obriga de marchar para sempre.

 

 

 

PRESENTACIÓNS DE ROTEIROS

As pegadas do Wolframio

Mércores  22 Nov Espazo da Natureza de Oza    19 h

 

Terras do Marqués

Martes 14 nov. Espazo da Natureza de Oza 19h.

 

sendanova---vi-outono-en-marcha_cartaz

sendanova—vi-outono-en-marcha_cartaz

6º Outono en Marcha triptico 1

6º Outono en Marcha triptico 1

6º Outono en Marcha triptico 2

6º Outono en Marcha triptico 2

Presentación 6 OM A Laracha 2

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close