Un día como marquesas e marqueses

Un día como marquesas e marqueses

Daban as 8 da mañá e o termómetro marcaba un grao baixo cero, máis isto non foi un impedimento para que pouco a pouco se fosen achegando os participantes, listos para sentirse como verdadeiras marquesas e marqueses, pois hoxe poñían rumbo ás Terras do Marqués.

A aposta é clara e decidida dende que o deseño dos percorridos se iniciou. Este polas TERRAS DO MARQUÉS é, pola súa antigüidade, un dos máis veteranos e percorridos de cantos temos na libreta de Senda Nova. A aposta polo patrimonio rural dende as viradeiras das corredoiras ou os muros dun castro. Dende a propia personalidade de cada itinerario e da idiosincrasia propia de cada parroquia. Toda a semana se viña falando da andaina interpretativa, dende a propia presentación do percorrido o martes, no filme do xoves e, despois, na visualización do tríptico, cando nos apuntamos á camiñada. Esta semana era a semana dedicada a Ardaña e Artes, e non chegou para descifrar todos os seus tesouros. Tocaba percorrer os pazos, tocaba a Artes e Ardaña máis íntima,  tocaba escanear parroquias do interior de Bergantiños, darlle contido ás TERRAS DO MARQUÉS.

Ataviados con roupa de inverno e facendo un grupo ben xeitoso dirixímonos a Gontade. Alí, a pesares do cedo que era, erguidos nos esperaban  os donos do pazo de mesmo nome ca parroquia, para ensinarnos o pazo máis antigo de todo o concello no que as súas orixes se remontan ao século XVI.

O frío seguía entre nós e apesares do día solleiro que se presentaba o rexio de novembro non se quería afastar, polo que con paso firme e lixeiro chegamos ata a igrexa parroquial de Ardaña, a cal destaca pola súa esvelteza e polo cruceiro que a acompaña, que ata fai ben pouco as roupas da virxe aínda presentaban cor.

Despediámonos de Ardaña e deixabámola entre a brétema para coller folgos e subir ata a Peniqueira, onde no medio da subida nos atopamos cunha vintena de rapazas e rapaces ansiosos pola nosa chegada. Eran as nenas e nenos da Escola Ambiental na súa primeira saída ao medio natural. Alí despois dunha pequena presentación por parte dos ilusionados cativos continuamos todo xuntos, se cabe, contaxiados un pouco máis por esas gañas coas que nos mergullaron e recordar a felicidade dun novo compromiso e camiño.

Xa no alto e moi preto do vértice xeodésico, tivemos tempo para contemplar un dos dous túmulos funerarios que alí albergaba, aínda que a día de hoxe só queda unha das mámoas, pois a outra que había foi derruída para construír o citado vértice.

No mesmo alto e moi preto da mámoa topamos cunha antiga aldea que dependendo de en que parroquia te sitúes coñecese cun nome ou con outro: castro da Peniqueira, Bico do Castro ou Castro de Martín Díaz son os nomes que lle dan sona. E case medio quilómetro tivemos que percorrer arredor das súas murallas para converternos en castrexos e poder asaltalo como fai milleiros de anos atrás fixeran os seus inimigos. Unha vez dentro e dende o alto non puidemos ver as fermosas vistas das parroquias contiguas, pois os eucaliptos, sempre presentes e inoportunos, nos dificultaban a súa visión.

A partir do castro entrábamos en terras do Marqués de Vilar de francos, e por elas percorremos ata o seu pazo, onde alí nos esperaban, como outro ano máis con el aberto. Desta vez non puido ser Chema o que nolo abrise. Aínda sen a súa presenza agradecémoslle que lle dixese a Mario, e a el, o gran xardineiro que mantén o exterior impecable, que se molestase en vir e permitirnos ver e deleitarnos coa fermosura deste gran edificio.

O senlleiro carballo de San Antón e o fermoso souto que o acompaña foron os encargados de acollernos para darnos acubillo na comida. Alí os máis cativos aproveitaron para apañar unhas landras que posteriormente serán sementadas nas próximas sesións de escola.

A igrexa de San Xurxo de Artes, do século XIX, e o Pazo das Pallas foron outra das paradas antes do remate do día. Este ano, por primeira vez, tivemos a sorte de que nos abrisen o exterior deste pazo, o cal tradicionalmente foi propiedade dos Bermúdez de Castro e actualmente atópase en mans privadas, e nunhas condicións bastante aceptables. Dende el divísase o amplo val de Artes.

Con algo menos de frío que á saída poñiámoslle fin a un día ben agradable e no que nos despedíamos de ser marqueses por un día.

Ángela Cambón

As Terras Do Marqués 6ºOM

Flickr Album Gallery Powered By: Weblizar

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close