VERÁN AO NATURAL 17

Outro ano máis despedimos a primavera e damos comezo o Verán ao Natural, programa de actividades que nos intenta achegar e darnos a coñecer o noso entorno doutro xeito distinto e cunhas actividades que sempre se intentan adaptar á natureza e á climatoloxía presentes.

 Este ano farémolo coa seguinte programación:

AQUELARRE NA EIRA DAS MEIGAS

A noite de San Xoán é unha noite máxica; na cal as meigas se reúnen e disfrutan dunha noite chea de espiritualidade e maxia.

En Senda Nova faremos o noso propio aquelarre de meigas cunha actividade a prol da conservación de todo o que representa Monte Neme. Para iso reunirémonos o día 23 de xuño ás 16 horas en Monte Neme.

Será unha actividade aberta a todo o público e deberase ir vestido de negro e cunha xesta.

ENCONTRO FESTIVO DE VERÁN

Con motivo do fin da 8ª PRIMAVERA EN RUTA e a despedida, despois de nove meses xuntos, da V EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL, o domingo 2 de xullo faremos unha comida de campo no Espazo da Natureza de Oza. Onde aproveitaremos para pasar un día xuntos de risas, contos e no que lle daremos a benvida o verán. Teremos música local da man das “Cantareiras de Arume de Verdillo”.

  • Ás 14h será a comida con previa inscrición por mail (asociacion@sendanova.org) antes do 29 de xuño. Terá un prezo de 10€.
  • Ás 18h dará comezo a clausura da Escola Ambiental, na cal nos despediremos e faremos un balance de todos estes meses xuntos cunha pequena merenda.

ROTEIRO NOCTURNO

Coas cálidas noites do mes de xullo daremos un pasiño máis para coñecer doutro xeito distinto un entorno visto xa na primavera.

Farémolo cunha marcha duns 10 km baixo a lúa dos montes de Pico de Meda, Zas. Con ela poderemos sentir e achegarnos un pouco máis a figura do lobo, tan presente nestes montes, e poderemos gozar dunha pernocta ao aire libre como fin da camiñata.

Será o 8 e 9 de xullo con saída ás 21h da rúa Venezuela. Haberá prazas limitadas con inscrición antes do 5 de xullo.  Ademais do material habitual das rutas tamén se terá que traer saco de durmir.

Adultos: 12€ socias: 8€

Menores: 8€ socias: 5€

BERREA

Para despedir o verán, coma todos os anos, acudiremos a tan esperada berrea, que é a época en celo dos cervos.

A actividade consiste en sentir o son que estos emiten, así como, o avistamento e contabilización dos mesmos a través de equipos ópticos. Para iso viaxaremos ata Asturies os días 22, 23 e 24 de setembro. Haberá prazas limitadas con inscricións ata 3 días antes.

Adultos: 75€    socias: 65€

Menores: 55€  socias: 45€

 

Para máis información e inscricións:

611037617

asociacion@sendanova.org

Esperamos vervos!

cartel verán 17

BERREA 16

nocturna 16

cartel veran 17

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close