X Limpeza simultánea de ríos

X Limpeza simultánea de ríos

cartel limpeza de rios 2017

cartel limpeza de rios 2017

cartel limpeza de rios 2017

cartel limpeza de rios 2017

Un ano máis, a asociación ecoloxísta ADEGA impulsa en Galicia a Limpeza siultánea de ríos, unha actividade cun grande carácter simbólico na que tamén se contribúe de xeito sustancial á recollida de lixo nos ríos galegos á vez que mostra as importantes carencias que manteñen os cauces fluviais.

Como en anos anteriores, dende a Asociación Ambiental Senda Nova colaboramos xunto con moitas entidades galegas, nunha limpeza que se desenvolverá de xeito simultáneo en todo o país, e que pretende achegar a importancia do mantemento dos ecosistemas fluviais en bó estado así como facer ver do deterioro actual dos mesmos.

Dende Senda Nova animamos a todas e todos a colaborar na acción que, dende Bergantiños, levaremos a cabo no río Anllóns a partires das 11 da mañán do día 1 de outubro,  a cando decenas de colectivos de tota Galicia.

Para apuntarte lembra chamar primeiro ao teléfono  611037617. O lugar de quedada será a ponte de Bértoa , no extremo do chamado paseo do Anllóns carballés.
Prepara as túas luvas, botas e anímate.

 

Máis información  611037617

http://adega.gal/axenda.php?id=454&idioma=gl&sec=12