XI Limpeza Simultánea de Ríos: setembro móllase polas nosas canles fluviais

XI Limpeza Simultánea de Ríos: setembro móllase polas nosas canles fluviais

Para rematar setembro, e a semana, que mellor que unirnos todos e todas por unha boa cousa.

Arredor de 60 concellos de toda Galicia se xuntaron hoxe, a través de ADEGA, para participar na XI Limpeza Simultánea de Ríos.

Dende Senda Nova quixemos achegar a Bergantiños a participar nestas xornadas e, así, unhas 20 persoas se xuntaron para esta causa simbólica e colaborar co Proxecto Ríos. Programa de educación ambiental e voluntariado que basea a súa labor na importancia que presentan os ecosistemas acuáticos e promover a súa conservación.Tamén quere fomentar a participación cidadá para encamiñar a sociedade na sensibilización e facer visible o importantes que somos todxs para mellorar e protexer estos espazos.

Con iniciativas como estas non se pretende sacar nun só día centos e centos de quilogramos de lixo das canles fluvias, senon mais ben, achegar á poboación a todo ese lixo que producimos e que vai parar aos nosos ríos. Porque, ás veces, pensamos que son outros os responsables, mais ben das veces estamos moi enganados.

No tramo do noso querido Anllóns – dende a ponte de Bértoa- as nosas voluntarixs conseguiron sacar algo máis de 120 kg de lixo ao longo desta fermosa e solleira mañá de setembro.

Entre todo o lixo sacado o que máis destacaba, como de costume, eran as famosas toalliñas, que chegan ata os nosos ríos da man dun xesto tan sinxelo como pode ser tiralas polo váter en vez de depositalas no cubo da basura. Hai que lembrar que o váter non é un vertedoiro no que todo o que tiras por el se desintegra e desaparece. Poida ser que desapareza da nosa casa e da nosa vista, mais non é así con todo, polo que invitamos á reflexión antes de mirar como empregamos os nosos sumidoiros.

Este ano a parte das famosas toalliñas tamén procuramos unha gran cantidade de roupa e varios neumáticos.

A pesares de todo o recollido coidamos que este ano houbo menos lixo que anos anteriores, polo que creemos que actividades como estas poidan que estean dando os seus froitos, aínda que ben sabemos que queda moito camiño que andar. Con todo isto marchamos moi contentxs para a casa e dámoslles as grazas a todas e todos os voluntarios que se achegaron a aportar o seu gran de area a esta causa, e sobre todo, a ADEGA por iniciativas tan chamativas como a realiada esta mañá.

Hoxe mollámonos polos nosos ríos, mais recorda que é cousa de todos os días.

Hoxe mollámonos polos nosos ríos, mais recorda que é cousa de todos os días. Polo que, deixar sempre os espazos como os atopachese, mantelos limpos e en bo estado é cousa de todas e todos.

 

XI Limpeza Simultánea De Ríos

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank