Zas, con Carreira, a pasada estación das Historias de Inverno

Zas, con Carreira, a pasada estación das Historias de Inverno

Historias de Carreira

Historias de Carreira

Historias de Carreira 2

 

Celestino Andrade e Segundo Varela foron os encargados de desvelar os segredos que o tempo e as tecnoloxías queren tapar da memoria de Carreira. A parroquia de Zas e, sen dúbida, un dos lugares onde máis difícil está o esquecemento da tradición, das costumes de fai anos. E isto é polo mantemento a través do liño e do museo que leva o seu nome Como non,  da actividade envexable da Asociación de Veciños O Santiaguiño.

Segundo, un dos vértices da labor organizativa de entidade e Celestino, un dos non orixinarios da parroquia pero fillo adoptivo dende fai anos foron os encargados da labor narrativa que dirixiu Perfecto Fuentes, o presentador da noite e presidente da entidade veciñal.

O percorrido pola historia da entidade tamén se mesturou coa memoria da parroquia a través da escola, as festas, e sobre todo con parada especial nos medios de comunicación e adiantos. Momentos claves na parroquia como a chegada da estrada, a maneira colectiva de realizala, a chegada da enerxía eléctrica ou a primeira televisión ou radio foron estruturas para unha xeira de fermosas anécdotas que quedaron gravadas na mente das veciñas e veciños de Carreira e que espallaron a través da gravación do faladoiro.

Outro dos puntos clave do faladoiro foi o achegamento ao traballo no monte e a colectivización no uso do mesmo a través de manadas de cabras e ovellas que eran atendidos aleatoriamente polas familias da parroquia.

Outra excelente velada nocturna nun cálido ambiente que contrastou co frío da invernía deste xaneiro do 2019.