Dentro da nosa aposta polo coñecemento,  recuperación e protección do patrimonio cultural, naceu o Inverno Ancestral. Un proxecto co que pechamos o ciclo de actividades anual  e co pretendemos coñecer e recuperar ese patrimonio inmaterial que urxe recuperar e potenciar se non queremos perder para sempre parte da nosa historia.

O Inverno Ancestral confórmase como un proxecto innovador e pioneiro no senso de unir baixo un mesmo programa, actividades diferentes pero cun nexo común: A recuperación das nosas tradicións. Unha viaxe ao tempo dos nosos avós para coñecer e contribuír á transmisión de elementos dunha cultura milenaria, transmitida de xeración e xeración, para mantelos no presente e no futuro.

Ningunha época do ano podería ser mellor que o inverno para adentrarnos nun pasado cheo de lendas, personaxes míticos, xogos populares, herbas máxicas… Na lembranza daqueles tempos en que o lume do lar era a mellor calefacción e as historias dos vellos arredor da lareira a máis proveitosa fonte de coñecemento.

Para recuperar as nosas tradicións o máis proveitoso é ir a onde estas naceron, ir o medio rural, ás nosas aldeas; e alí, fusionados coas súas xentes, auténticas enciclopedias cheas de sabedoría, coller o mellor dese mundo que nós non vivimos directamente pero que forma parte do que fomos e do que somos como pobo, un pasado que con este programa de actividades estará máis vivo que nunca.

Imaxinade unha vida sen ordenadores, sen televisión, sen radio… Imaxinade un mundo sen centros comerciais, nin xoguetes de plástico e con pilas… Un mundo de poucos recursos pero cheo de solidariedade, imaxinación e riqueza cultural.

Imaxinade, soñade e vivide con nós o Inverno Ancestral.

 


Inverno ancestral 2015

 

 

 

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close