Nace co obxectivo de seguir mantendo o compromiso de percorrer, de dinamizar, a lo menos unha vez por ano cada unha das rutas que deseñamos para poder dar a coñecer, cada lugar de importancia patrimonial que percorremos. Os seguintes traballos de deseño de novos percorridos fan imposible percorrelos todos na primavera. Son máis dunha ducia de itinerarios nos que poñemos o compromiso co seu patrimonio. Con iso e co afán de camiñar na fermosira dunha estación tan fermosa como outono nace o OUTONO EN MARCHA.

A parte interpretaiva é unha das maiores premisas, grazas á cal se mantén o compromiso e o respecto polo entorno e polos lugares de especial sensibilidade ambiental. Deste xeito, os grupos de participantes son pouco voluminosos, e no desenvolvemento dos roteiros téñense en conta os lugares de paso, evitando zonas de especial sensibilidade como dunas ou parte alta das praias. O desenvolvemento das actividades conformanse en grupos cohesionados, favorecendo a labor interpretativa e tendo un maior control sobre os participantes por inprobables conductas pouco ecolóxicas ou problemas físicos.

No ano 2012 programase o I OUTONO EN MARCHA cun total de catro percorridos. Os roteiros a dinamizar nesta estación do ano establécense principalmente no afán do respecto e aprotección do patrimonio. Deste xeito, deixanse para a estación do outono, aqueles percorridos nos que hai tramos de praia onde aniñan especies de aves ameazadas, e que teñen nos meses de primavera a época de cría.  No ano 2013 faise a segunda edición cun total de 6 propostas ( todos traballos de persoal da entidade agás a ruta dos faros. No 2014 cúmprese o terceiro aniversario dun programa pechado de roteiros cun total de seis propostas  e todos eles deseños de persoas da entidade.

Os obxectivos do programa conflúen cos obxectivos xerais da entidade: A protección dos espazos de interese paisaxístico, natural e cultural do entorno máis próximo. Deste xeito, as actividades organízanse dun xeito interpretativo onde se forma unha cadea de colaboracións entre a nosa entidade, o persoal de Protección Civil de Carballo, os concellos colaboradores, os persoeiros e entidades das parroquias por onde pasamos e os participantes.

Todo este encaixe permite o desenvolvemento da actividade dun xeito ameno que busca a interpretación, onde cobran especial importancia a nosa poboación máis nova e onde as paradas nos puntos e lugares de intersese permiten ás persoas que nos axudan no coñecemento, explicar e desmeuzar os tesouros que unen as corredoiras que percorremos.

As camiñadas son as actividades máis coñecidas da entidade, e coas que comezou a súa andaina ao dinamizar os traballos previos de deseño dos seus membros. O conxunto de camiñadas establecidos en diferentes programas entre os que está o OUTONO EN MARCHA, conforma ao longo do ano unhas vinte propostas interpretativas. Consideramos estas actividades e o xeito de realizalas, como unhas das máis interesantes, mesturando espírito de convivencia, paisaxe, deporte e, o que é máis importante, coñecemento do noso patrimonio para poder respectalo.

 

O 30 de setembro DO 2023 PRESÉNTASE O XII OUTONO EN MARCHA (DESCARGA AO FINAL O CARTEL E TRIPTICOS INFORMATIVOS)

Outono en Marcha lánzase na súa 12 edición con sete propostas para o coñecemento do entorno de Bergantiños.

Este sábado 30 de setembro tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza a presentación dunha 12 edición do Outono en Marcha, un dos programas referencia de Senda Nova e que ten como obxectivo percorrer os deseños de rutas creados para o coñecemento dos concellos de Coristanco, a Laracha e Carballo.

O programa realizase coa axuda dos propios concellos ademais da Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Carballo, a Rede Galega Polo Patrimonio e a Plataforma en Defensa de Monte Neme.

Case 40 persoas deron a benvida ao programa de andainas. Entre os asistentes atopábanse familias da Escola Ambiental, socios e socias de Senda Nova e público xeral que se achegou para levar a información precisa das andainas.

No acto de presentación estivo presente Alberto Sueiro, presidente da A.C. telón e aparte e director do Festival Internacional de Outono de Teatro ( FIOT). Tamén  o historiador Evaristo Domínguez Rial, Chelo Álvarez e Jose Manuel Menéndez Varela, encargados de explicar os pormenores do programa.

RUTA TEATRALIZADA

Como novidade e por primeira vez, dentro do programa realizarase unha andaina teatralizada. Grazas á labor da AULA MUNICIPAL DE TEATRO  e froito da colaboración de Senda Nova co FIOT, a Ruta do Xestal deseñada pola nosa entidade, adaptarase para a súa teatralización. Dita actividade atópase entre a programación do festival carballés e integrada na xeira de actividades que o Concello de Carballo realiza no ano do Xestal, cando se cumpren 30 anos do seu falecemento.

Esta andaina será a primeira en realizarse, o vindeiro domingo día 8 e terá unhas condicións de desenvolvemento e apuntamento diferentes ao resto de actividades.

 

SEMANA DO PATRIMONIO

Froito da participación de Senda Nova na Rede Galega polo patrimonio e grazas á labor da Rede, pecharemos  o programa de andainas coa ruta das PEGADAS DO VOLFRAMIO por Monte Neme. Esta actividade está  incluída na SEMANA DO PATRIMONIO da Rede Galega polo Patrimonio  e unirase a unha boa xeira de iniciativas que se encadrarán para celebrar o Día do Patrimonio e tamén para sensibilizar a importancia de manter o rico patrimonio galego e bergantiñá.

 

Quedamos agradecidos e agradecidas coa acollida dun novo programa de andainas, desta volta con máis propostas e máis entidades participantes . Moitas grazas tamén a todas as entidades colaboradoras e voluntariado de Senda Nova.

Así se desenvolverá o programa.

DESCARGA AO FINAL O CARTEL E TRÍPTICO

 

12º OUTONO EN MARCHA

 

Sendeirismo en Bergantiños

 

 

Camiñando e aprendendo

 

. RUTA DO XESTAL (Carballo)

8 de outubro

Tramo de roteiro teatralizado pola

AULA MUNICIPAL DE TEATRO do Concello de Carballo

Distancia 4,3 km

Saídas:
Concello da Laracha 9:30
Concello de Coristanco 9:30
Carballo Rúa Venezuela 9:45

 

  • VÍA ALCAIANUS (Coristanco-Carballo)

15 outubro

Distancia          15 km

Saídas

Concello da Laracha     9:00h

Carballo Rúa Venezuela   9:15h

Concello de Coristanco   9:30

 

  • RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER (Carballo)

22 outubro

Distancia     8,5 km

Saídas

Concello da Laracha  9:00h                                                       Carballo Rúa Venezuela   9:15h

Concello de Coristanco 9:00h.

 

. SENDA DAS CAPELAS (A Laracha)

29  outubro

Distancia  9,8 km

Saídas:

Concello da Laracha    9:30h

Carballo Rúa Venezuela     9:15h

Concello de Coristanco 9:00h.

 

  • TERRAS DO MARQUÉS (Carballo)

5 novembro

Distancia  6,2 km

Saídas:

Concello da Laracha                   Carballo Rúa Venezuela               Concello de Coristanco

9:00h                                       9:15h.                                         8:00

 

  • RUTA DAS FÉRVEDAS (Carballo)

12 novembro

Distancia  10,5  km

Saídas:

Concello da Laracha         Carballo Rúa Venezuela     Concello de Coristanco

9:00h                             9:15h                   9:00h

 

PEGADAS DO WOLFRAMIO  (Carballo-Malpica de Bergantiños)

19 novembro

Distancia aproximada      8,2 km

Saídas:

Concello da Laracha  9:00h

Carballo Rúa Venezuela      9:15h

Concello de Coristanco  9:00h.

 

 

Coñecendo o patrimonio. Camiñar fora do asfalto e formigón.

*As camiñadas realízanse unindo puntos de interese polo que se realizarán paradas para o coñecemento.

* A inscrición ás actividades inclúe:
O guiado e condución da mesma

O transporte dende os lugares de orixe e a volta aos mesmos ao finalizar.

O avituallamento (agás a RUTA DO XESTAL).
* Seguro de accidentes

 

Lembra

* Puntualidade

* As actividades percorren o rural da comarca de Bergantiños. As andainas poden incluír tramos de asfalto, lama ou silvas.

*Dispoñer a condición física axeitada para realización das actividades

*Facilitarás aos guías conseguir un bo desenvolvemento da actividade e en calquera caso respectar as súas indicacións.
* Será de obrigado cumprimento un respecto escrupuloso polo medio natural, evitando deixar pegada innecesaria.

* Cada participante deberá achegarse co material axeitado para a actividade, entre o que se inclúe: calzado cómodo e axeitado a actividades de sendeirismo. Mochila. Roupa cómoda e unha prenda de abrigo. Impermeable. Botella de auga. Gorra. Crema solar

* Se ecolóxico, aproveita ao máximo a actividade. Aporta e escoita.

 

 

Todas as andainas son de dificultade baixa

Prazas limitadas.   As actividades poden sufrir modificacións.

 

 

 

INSCRIPCIÓNS

 

Lugares de apuntamento:
(persoas de fora de Bergantiños, poñerse en contacto connosco
)

 

Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                                luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de cultura do Concello de Coristanco
Edificio de usos Múltiples 1º andar.                            Luns a venres   de 9:30 a 13:30h.

 

Espazo da Natureza de Oza                                         Mércores, xoves e venres de 17 a 20h.

 

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

 

 

                            Non socixs:                                  Socixs:

Maiores de idade:                8€                                 6€

Menores de idade:                6€                                    4€

 

Ruta do Xestal: DE BALDE

 

 

MÁIS INFORMACION

 

www.sendanova.org

sendanova@hotmail.com

tf 611037617

 

12 Outono en Marcha cartel jpg

12 Outono en Marcha cartel jpg

12 Outono en Marcha triptico a jpg

12 Outono en Marcha triptico a jpg

12 Outono en Marcha triptico b jpg

12 Outono en Marcha triptico b jpg

Descarga AQUI o cartel pdf

Descarga AQUI o tríptico pdf

 

 

 


Outono en Marcha 2016


Outono en Marcha 2015