Outra actividade de xeito voluntario que quere profundizar no coñecemento e facer de máis contido cada domingo.

Consiste en repartir fichas con preguntas referentes ás zonas e lugares concretos de importancia natural e cultural da zona. Esas fichas serán cubertas durante a ruta ou tamén a posteriori dela e serán entregadas ao persoal da asociación que , ao final do programa, fará unha avaliación das mesmas, establecendo premios segundo a calidade e cantidade das fichas entregadas.

Quere aproveitar a actividade o nome de Evaristo e a gran labor interpretativa que fai dentro de cada unha das saídas que se fan nesta asociación. Unha sinxela liña en favor dunha persoa sin a cal os obxectivos non se terían acadado.