Nace co obxectivo de aglutinar nun proxecto xunto a dinamización dos roteiros deseñados previamente.

A PRIMAVERA EN RUTA é o primeiro dos programas da asociación e nace cando o traballo de percorrer corredoiras e deseñar roteiros permitíu ter acadado os obxectivos de varios traballos pechados.

A parte interpretaiva é unha das maiores premisas, grazas á cal se mantén o compromiso e o respecto polo entorno e polos lugares de especial sensibilidade ambiental. Deste xeito, os grupos de participantes son pouco voluminosos, e no desenvolvemento dos roteiros téñense en conta os lugares de paso, evitando zonas de especial sensibilidade como dunas ou parte alta das praias, especialmente en época de aniñamento. O desenvolvemento das actividades conformanse en grupos cohesionados, favorecendo a labor interpretativa e tendo un maior control sobre os participantes por inprobables conductas pouco ecolóxicas ou problemas físicos.

No ano 2009 programase a I PRIMAVERA EN RUTA cun total de seis percorridos. No ano 2013 faise a cuarta edición cun total de 9 propostas (todos traballos de persoal da entidade agás a ruta do río Xabriña, en O Covelo). No 2014 cúmprese o quinto aniversario dun programa pechado de roteiros cun total de oito propostas ( unha delas un estreo) e todos eles deseños de persoas da entidade. O 2015 será o ano da aventura, con fermosas dinámicas que xuntan ao grupo nas 8 propostas de roteiros de sendeirismo.

Os obxectivos do programa conflúen cos obxectivos xerais da entidade: A protección dos espazos de interese paisaxístico, natural e cultural do entorno máis próximo. Deste xeito, as actividades organízanse dun xeito interpretativo onde se forma unha cadea de colaboracións entre a nosa entidade, o persoal de Protección Civil de Carballo, os concellos colaboradores, os persoeiros e entidades das parroquias por onde pasamos e os participantes.

Todo este encaixe permite o desenvolvemento da actividade dun xeito ameno e interpretativo, onde cobran especial importancia a nosa poboación máis nova e onde as paradas nos puntos e lugares de intersese permiten ás persoas que nos axudan no coñecemento, explicar e desmeuzar os tesouros que unen as corredoiras que percorremos.

O programa completase con actividades paralelas  que exprimen ao máximo cada xornada no fin de profundizar e achegarse  a un maior coñecemento.

As camiñadas son as actividades máis coñecidas da entidade, e coas que comezou a súa andaina ao dinamizar os traballos previos de deseño dos seus membros. O conxunto de camiñadas establecidos en diferentes programas entre os que está a PRIMAVERA EN RUTA, conforma ao longo do ano unhas vinte propostas interpretativas. Consideramos estas actividades e o xeito de realizalas, como unhas das máis interesantes, mesturando espírito de convivencia, paisaxe, deporte e, o que é máis importante, coñecemento do noso patrimonio para poder respectalo.

 

As mochilas limpas, as botas con crema e o impermeable listo. Todo a punto para que este domingo se inicie a 12º edición da PRIMAVERA EN RUTA, o programa máis antigo da asociación, que este ano pretende chegar ás 8 andainas.

OBXECTIVOS

Sen dúbida, o máis preparado por parte de Senda Nova e camiñantes é o espírito de coñecemento e de posta en valor do noso entorno. Case 200 paradas ben definidas nos agardan dentro dun programa que percorrerá as comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes, para sacar á luz e coñecer moito do patrimonio máis importante da bisbarra. Coma sempre, farase a través deses marcos establecidos, eses deseños de itinerarios que non son outros que traballos previos de investigación da propia asociación, principalmente  a través do esforzo de Evaristo Domínguez Rial e Jose M. Menéndez Varela.

O agarimo a eses traballos e eses puntos interpretativos ven dado na procura desa dinamización dos mesmos a través de programas como este que ve a luz.

 

SUMA DE ESFORZOS

A 12 PRIMAVERA EN RUTA  é, coma outras, un cúmulo de esforzos. A implicación do Concello de Carballo, do Concello da Laracha, do Concello de Coristanco, do Concello de Malpica de Bergantiños e o Concello de Zas únese a labor de Protección Civil de Carballo e do voluntariado de Senda Nova. Unha ensalada de mans para elaborar un calendario fará chispa cada domingo dende agora ata mediado o mes de xuño. Oito domingos para a aprendizaxe.

 

COMO SE REALIZA

Os esforzos dóbranse dentro deste contexto de restricións, polo que as actividades sufrirán modificacións en canto a número total de participantes e xeito de realizacións dos eventos. Tamén se poden pospoñer andainas, incluso cancelacións, polo que se intentará nese caso, informar coa maior brevidade.

Aínda así, adoptando as medidas de seguridade pertinentes, entendemos estas actividades no medio natural como eventos seguros. Sen dúbida e máis nestas circunstancias, como moi beneficiosas para a saúde física e mental.

É obrigado o uso de máscara e o respecto das indicacións dos guías.

Ademais:
Pasamos  a xornada do domingo xuntos. Comemos o bocata en ruta. Chegamos cando rematemos, porque o tempo é de balde e nos utilizámolo para aprender.

Coñecemos  mellor o noso entorno, porque paramos para aprender. Para ofrecer os nosos coñecementos e para escoitar aos que aportan.

Non te preocupes do vehículo, o transporte recóllenos nas saídas establecidas no horario establecido e déixanos  no mesmo lugar ao rematar a actividade.

Camiñamos en grupo ou grupos, mantendo as medidas de seguridade.

 

LEMBRA

 * Necesitamos de toda a túa puntualidade.

  • Un calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable), roupa axeitada, pode facerche máis pracenteira a saída.

Nunca deixes a mochila, un impermeable, navalla, gorra, protección solar e…a cámara de fotos!

Sentimos que nalgunhas saídas e, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno ou cumprir coas restricións establecidas, as prazas poden ser limitadas.

Que as actividades poden sufrir modificacións.

 

 

Cartel 14 Primavera en Ruta

Cartel 14 Primavera en Ruta DESCARGAR AQUÍ

Triptico 1 14 Primavera en Ruta

Triptico 1 14 Primavera en Ruta DESCARGAR AQUI

Triptico 2 14 Primavera en Ruta

Triptico 2 14 Primavera en Ruta