As Valedoras da Natureza é un grupo que está formado por rapazas e rapaces que teñen un gran vínculo coa entidade. Este vínculo ven creado pola alta implicación e participación dos mesmos en diferentes actividades como a Escola Ambiental Senda Nova, os programas de rutas, presentacións de actividades, e incluso xuntanzas ou accións  organizativas. O cal fai que estas rapazas e rapaces estén preparados e teñan os coñecementos necesarios para realizar actividades máis minuciosas que non se poderían realizar cun grupo grande de nenxs como xs da Escola Ambiental.

As Valedoras participan na verdadeira engranaxe que fai que a entidade se mova, colaborando na preparación previa de actividades, formándose e botando unha man en accións que antes soamente realizaban as voluntarias e voluntarios adultos da entidade etc.

Servindo como canteira e como impulso para que a entidade siga medrando e para que as rapazas e rapaces que levan xa varios anos participando nas actividades mesma, poidan realizar cousas diferentes e ver dun xeito máis claro o funcionamento e o esforzo que hai detrás da de todo o traballo voluntario que fai que a maquinaria siga en marcha.

As valedoras da natureza levan sempre aceso o espírito observador, o amor pola natureza e o esforzo, por iso poden disfrutar de actividades moi especiais e específicas comoalgunhas das que levan feitas ata o de agora, tendo a sorte de poder visitar de xeito guiado a excavación do castro das Barreiras de Vimianzo, colaborar no seguimento da Píllara das Dunas na época de cría en Baldaio, participar e realizar as accións previas de preparación en xornadas de plantación de árbores autóctonas etc

Son sen dúbida a canteira de Senda Nova, as encargadas de formarse e adquirir todos os coñecementos e amor posible polo seu patrimonio, para nun futuro ser elas as que o poñan en valor e o protexan.