11 · Abril · 2019

10 anos do ruxir do Anllóns

O son do Anllóns era o estoupido de saída doutra Primavera en Ruta máis. 10 anos de coñecemento, conservación, posta en valor do noso patrimonio ecolóxico, cultural, paisaxístico…de recorrer as, cada ano máis escasas, corredoiras que sempre nos contan, entre suspiros, os segredos e lendas que agocha tras os seus muros desfeitos. Nós con cada paso a paso destes 10 […]
3 · Febreiro · 2019

Tameiga: aberto e con fume.

Aberto e con fume foi o título da pasada proxección dos Xoves de Filme no Espazo da Natureza de Oza. O traballo, realizado por Illa Bufarda, repasou os 25 anos da Mancomunidade de Montes de Tameiga. A parroquia do Concello de Mos sufriu e sufre as consecuencias derivadas da expansión contemporánea da cidade de Vigo. Primeiro na loita polos terreos […]
3 · Febreiro · 2019

Zas, con Carreira, a pasada estación das Historias de Inverno

  Celestino Andrade e Segundo Varela foron os encargados de desvelar os segredos que o tempo e as tecnoloxías queren tapar da memoria de Carreira. A parroquia de Zas e, sen dúbida, un dos lugares onde máis difícil está o esquecemento da tradición, das costumes de fai anos. E isto é polo mantemento a través do liño e do museo […]
17 · Xaneiro · 2019
Historias de Cereo 4

Cereo, capital das Historias de Inverno nesta semana.

Cereo acolleu un novo faladoiro das Historias de Inverno. A parroquia coristanquesa recibiu a parada número 28 do percorrido que, dende fai varios anos, establecemos para as actividades das Historias de Inverno do noso rural. Florinda, Rosalía e Claudio foron @s protagonistas dunha velada que repasou de xeito entretido e ameno, a historia recente de Cereo. A veciñanza da parroquia […]
14 · Xaneiro · 2019

Unha viaxe aos Ancares

Un autobús de xente de Bergantiños  chegaba ao Piornedo en torno ás 11 da mañá despois de ver amencer durante a longa viaxe dende Carballo. Recibiraos as friaxes permanentes dos vales sombríos dos montes dos Ancares e un xeo que engordaba nos camiños a medida que o grupo deixaba a aldea do Piornedo e se dispoñía co camiño que colle […]
3 · Xaneiro · 2019

NOVA SEMANA DE ACTIVIDADES COS XOVES DE FILME. ABERTO O PRAZO PARA OS APUNTAMENTOS PARA A EXCURSIÓN AOS ANCARES.

NOVA SEMANA DE ACTIVIDADES COS XOVES DE FILME. ABERTO PARA OS APUNTAMENTOS PARA A EXCURSIÓN AOS ANCARES.   Despois do faladoiro nas Historias de Cambre o pasado día 28 de decembro, as HISTORIAS DE INVERNO difundían o dvd HOXE QUEN BAILA? Nunha das parroquias percorridas: Buño. Entre as persoas asistentes atopábanse precisamente vari@s dos narrador@s e tamén Xosé Manuel Varela, […]
31 · Decembro · 2018

Un 2018 pleno de acción

  A Asambolea Xeral de Soci@s pechou un ano e con el, coma sempre, un balance das accións por parte da asociación. As conclusións son similares a outros anos e cun futuro que necesita de moito esforzo para loitar contra as ameazas ambientais que podemos observar día a día e que se multiplican e difunden como manchas de aceite. A […]
15 · Decembro · 2018

Comendo saudable

Máis de 20 persoas se deron cita no Espazo da natureza de Oza para escoitar á nutricionista de Laxe Noa Vázquez Rendal. Un percorrido ameno, didáctico e sobe todo interesante polos alimentos nocivos e polas variedades más saudables para incluír na alimentación. Noa puxo de manifesto a importancia da alimentación en diferentes enfermidades e o positivo do consumo de froitas […]
15 · Decembro · 2018

Castriz abríu as Historias de Inverno

Por vez primeira as Historias de Inverno visitaban Santa Comba. Castriz foi a parroquia protagonista que botaba a andar tamén esta nova xeira de faladoiros dos n@s nos@s maiores neste 6º Inverno ancestral. Comezamos desexando melloría a José Barbeira, un dos nosos narradores protagonistas que, convaleciente, non puido achegarse a actividade. Foi Pepe Pensado o que nos volveu ao Castriz […]