14 · Agosto · 2018

“Hoxe quen baila?” comeza a súa andaina polo rural dende Rececinde

Unhas trinta persoas acolleron a primeira das paradas que o documental HOXE QUEN BAILA? fará polo rural de Bergantiños e Soneira. E é que é sabido que este traballo no que colaborou de xeito especial a Deputación da Coruña, foi realizado nese mesmo rural da Costa da Morte. O documental repasa como eran as festas en 21 parroquias da Costa […]
5 · Xuño · 2018

Murchan as prímulas

As prímulas xa comezan a murchar síntoma de que xuño xa comezou e a primavera alá se foi. Os participantes deste domingo dixéronlle ata o ano que vén á 9ªPrimavera en Ruta con Ríos de Sofán. Máis de 350 participantes aprenderon e gozaron desta primavera que xa cumpría nove anos. Nove anos percorrendo o patrimonio máis achegado, as corredoiras máis […]
29 · Maio · 2018

CAIÓN: recta final da 9ª Primavera en Ruta

O calmuzo dos últimos días de maio lémbranos o fin da primavera. O remate das camiñadas en compañía e a pronta despedida da 9ª Primavera en Ruta; que quen sabe, mais ao mellor este ano espéranos unha grata sorpresa para poñerlle remate e darlle a benvida ao verán. CAMIÑOS DE CAIÓN recibiu a medio cento de participantes cheos de ganas […]
22 · Maio · 2018

EMOCIÓN

Rematou  unha semana das Letras cargada de participación, de emoción e de agarimo. DOMINGO, CORISTANCO HISTÓRICO Fíxoo o pasado domingo dende Coristanco, percorrendo a 6º andaina a 9º edición da Primavera en Ruta. Coma sempre, a participación neste roteiro puido gozar dun dos itinerarios con máis paradas para o coñecemento. O deseño do traxecto contén o maior desnivel acumulado de […]
15 · Maio · 2018

Adentrándose en Cerqueda e Cambre

O Domingo pasado tocou a costa de Malpica, nas parroquias de Cerqueda e Cambre, de patrimonio e natureza esculpidas polo home e as forzas da natureza, cada un na súa escala, evidentemente o primeiro más intencional e modestamente e a segunda implacable. Pero ambas deixaron obras que puidemos coñecer, moitas de gran beleza e únicas, que temos o privilexio de […]
9 · Maio · 2018

Antigas pegadas de Soneira

Despegamos cara o ceo despois de saír da férveda do Rabiñoso, nas rampas costentas das ladeiras de Meda. Nace brincadeiro o río da Ponte ( río grande na sinalectica). As brañas de Vilar Ramilo crean o río de Soneira e difuminan as liñas que delimitan as tres parroquias, dos tres concellos, das tres comarcas: a de Xallas, a de Soneira […]
30 · Abril · 2018

A choiva, indispensable para coñecer a “ruta das mámoas”

Soa o espertador e é hora de erguerse, mais oes como cae a choiva, e pensas: que ben se está aquí! Sen embargo, levántaste, abrígaste e calzas as botas e o impermeable, que sabes ben que será o teu máis prezado amigo nesta xornada de domingo. Outro ano máis a abondosa choiva fixo a súa aparición na Ruta das Mámoas. […]
25 · Abril · 2018

A resistencia do río Chonia

E por fin chegou a primavera! A pesar de ser a segunda andaina, como a primeira foi algo pasada por auga, parecía que sen o soliño non se aproveita tanto o tempo. O domingo pasado tivemos un estupendo día para camiñar por terras de Ordes, no concello de Trazo, por onde pasa o río Tambre. Nesta nova aventura acompañábanos “a […]
17 · Abril · 2018

O son do Anllóns saída da 9º Primavera en Ruta

Case medio cento de participantes se dispuñan este domingo a percorrer as beiras do gran río que percorre Bergantiños. O son do Anllóns era o punto de partida desta 9ª PRIMAVERA EN RUTA. A pesares das constantes e intensas choivas destas pasadas semanas o Anllóns permitiunos gozar coa súa beleza e a súa vexetación de ribeira. Cheo e forte como […]