14 · Marzo · 2018

Grazas Carmen, grazas compañeira

  Sopra o vento con forza e tremen as palabras. Coma quen tatexa, abanean as letras empapadas  no temporal. Soltas. Desconectadas. Idas. Sen saber que contarnos. Vólvense fume da calor da lareira, do lume das Historias de Inverno. Escapan e quedamos soas. Porque marchaches.  E marchaches como viviches, sen facer ruído. Apagando as túas bromas, o teu sorriso incansable. Deixando […]
6 · Marzo · 2018

Despedimos o V Inverno Ancestral

O inverno aínda non rematou, porén os días xa son máis longos e as noites un chisco máis curtas. As últimas brasas da lareira aínda non esmoreceron de todo mais para nós o inverno xa se despediu, e xa lle puxemos fin a dous meses de programación na que desta vez xa cumprimos 5 Invernos Ancestrais. Cinco anos de conservación […]
6 · Marzo · 2018

Saída co CIFP Ánxel Casal a Baldaio

A climatoloxía, como tantas veces, fainos abordar as actividades de xeito alternativo. Desta maneira, a saída ao espazo natural de Baldaio cos alumnos e alumnas do Instituto Anxel Casal da Coruña, tornouse en actividade itinerante en lugar dunha xornada exclusiva a carón do espazo natural. Deste xeito, os mozos e mozas, visitaron lugares de interese cultural, pasando pola igrexa de […]
6 · Marzo · 2018

A Ribeira da Pena: un exemplo de eucaliptización

O Bosque da Ribeira da Pena mantén a súa agonía entre as variedades de eucalipto máis agresivas, a carón das actuacións menos concienciadas e da estrada que une Carballo e Ordes. A un paso de Carballo, a masa de bosque autóctono máis importante da bisbarra diríxese con paso firme, rápido e continuo á súa desaparición. As cortas de vexetación autóctona […]
25 · Febreiro · 2018
cartel días dos bosques 18

En marcha os DÍAS DOS BOSQUES 18

Os DÍAS DOS BOSQUES 18 camiñan por eles mesmos. A configuración destas xornadas de achegamento aos bosques comprenden un total de oito propostas para colectivos específicos e público en xeral co obxectivo principal da sensibilización do bosque autóctono galego. Dende a Asociación Ambiental Senda Nova temos unha traxectoria de varios anos de organización de actividades con estes obxectivos específicos. A […]
20 · Febreiro · 2018

As brasas da lareira remataronse en Sofán

O inverno está a piques de rematar, e con el, vanse apagando as últimas brasas da lareira e a calor das xuntanzas e historias contadas a carón dese acolledor lume. Vaise mitigando e pouco a pouco cada un dos asistentes tócalle retornar a súa casa, e de despedirse ata a próximo inverno para tornar a xuntarse, como fai 5 invernos […]
15 · Febreiro · 2018

O V Inverno Ancestral entra na recta final

  As últimas paradas dos Xoves de Filme foron ben cerca: As Encrobas e Baldaio. Os dous lugares, centro de dúas revoltas populares iniciadas por actuacións ambientais regresivas de gran calado. A mobilización social nas Encrobas pola mina a ceo aberto coincide en tempo coa de Baldaio, que saca a xente a rúa pola extracción de area do humidal carballés. […]
2 · Febreiro · 2018
Historias de Inverno Candelagho 1

O Tesouro de Corcoesto, as Historias de Candelagho e unha nova sesión da Escola Ambiental pechan a semana que celebra o Día internacional das zonas húmidas.

  O V Inverno Ancestral segue o seu curso polos lindes entre xaneiro e febreiro. Na semana na que se celebra o Día internacional das zonas húmidas ( 2 de febreiro, día da Candelaria), a actividade de Senda Nova concentrouse o xoves e o venres. XOVES DE FILME: O TESOURO DE CORCOESTO Os Xoves de Filme non saíron de Bergantiños […]
29 · Xaneiro · 2018

As meigas chegaron aos Xoves de Filme

O pasado xoves, no Espazo da Natureza de Oza, visionouse “O Aquelarre do Monte Neme”, quinto filme do programa Xoves de filmes do V Inverno Ancestral. O documental que se proxectou é un dos capítulos da serie “Lendas vivas” que recompila as lendas ancestrais máis enigmáticas e misteriosas de Galiza. Este capítulo en concreto falounos da figura das meigas ou […]