4 · Decembro · 2017

Os pasos da vida

O coñecemento e a  propia experiencia na vida, quizá non se teña só con que pase o tempo por cada un de nos. Quizá, ao mellor, temos que poñer esforzo diario en pasar nos por ese tempo, de balde, como din os vellos. Deste xeito, a propia  vida, responde en grolos gordos de coñecemento cada vez que os pes van […]
28 · Novembro · 2017

Limpeza na Eira das Meigas

  No percorrido de antonte polas Pegadas do Volframio, volvemos escoller a Eira das Meigas como lugar central da ruta, o avituallamento no vértice superior do traxecto. Case 40 persoas chegabamos atraídas pola reconstrución do antigo cromlech, que pasou a ocupar o lugar do orixinal na multitude de lendas e do imaxinario popular nun monte mítico. Achegabámonos  coas mochilas e […]
26 · Novembro · 2017

Un día baixo a ollada do gran Monte Neme.

O VI Outono en Marcha segue a percorrer as aldeas con futuro da nosa contorna. Desta vez tocounos ir visitar o gran monte que sempre nos está vixiando dende calquer punto de Bergantiños que te atopes. O Monte Neme. Nesta semana  xa comezamos coa preparatoria a súa visita o mércores, coa presentación de dito roteiro, e o xoves co documental […]
26 · Novembro · 2017
Escola 17-18 dolmen 3

O megalitismo, centro da actividade na Escola Ambiental

Para a Escola Ambiental, a liña do tempo comeza co megalitismo. A pasada visita á mamoa da Peniqueira avanzou contidos para a rapazada e nesta sesión no Espazo da Natureza de Oza, os nenos e nenas puxéronse mans á obra para demostrar que o traballo conxunto pode dar lugar a metas moito máis amplas. Saber organizarse como grupo, aprender a […]
23 · Novembro · 2017

O filme A Luz do Negro une as minas da Brea e Monte Neme

Máis de 20 persoas foron as que se achegaron ao Espazo da Natureza de Oza para visualizar o filme A Luz do Negro, dentro dos Xoves de Filmes que proxectamos dende o noso espazo. Entre os integrantes atopábanse membros da Plataforma en Defensa de Monte Neme,  un nutrido grupo de mozos e mozas e, tamén, veciños e veciñas de Oza, […]
20 · Novembro · 2017

Un día como marquesas e marqueses

Daban as 8 da mañá e o termómetro marcaba un grao baixo cero, máis isto non foi un impedimento para que pouco a pouco se fosen achegando os participantes, listos para sentirse como verdadeiras marquesas e marqueses, pois hoxe poñían rumbo ás Terras do Marqués. A aposta é clara e decidida dende que o deseño dos percorridos se iniciou. Este […]
12 · Novembro · 2017

A costa carballesa: Razo-Baldaio

O día erguíase frío e sombrío, como un invernal domingo de novembro dos que prestan pasar o día ao carón da lareira, mais para un amplo grupo de camiñantes o seu plan era ben distinto. O frío e sombrío día tornou para eles nunha agradable xornada na que a súa lareira era os pasos compartidos entre compañeiros e o cálido […]
11 · Novembro · 2017

“Mares sen plástico, mares con vida” é cousa de todas e todos.

Fai pouco máis dun mes, a mañá dun cálido domingo de outubro, un grupo de voluntarias e voluntarios reuniámonos no Parque do Anllóns de Carballo para colaborar coa asociación ecoloxista ADEGA na limpeza simultánea de ríos. Hoxe, outra ducia de persoas dispostas a poñer do seu tempo reunímonos para volver a colaborar con ADEGA e co Campus do Mar de […]
5 · Novembro · 2017
Senda das capelas 6º OM

Senda de anfitrións

Un pouco despois de amencer fóronse achegando ao lugar da Santa decenas de participantes da segunda camiñada deste 6º Outono en marcha. Viñeron de moitos lugares como Oleiros ou puntos diferentes de Bergantiños: como A Laracha, Coristanco ou Carballo. A diferencia doutras xornadas, no lugar de comezo da andaina xa se atopaba un nutridísimo grupo de persoas que desafiara a […]