18 · Decembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 18 · Decembro · 2017
O Espazo da Natureza de Oza acolleu a 5º edición do programa de inverno da asociación. O 5º Inverno Ancestral suma dende o núcleo do patrimonio inmaterial para desenvolver case 20 actividades entre os meses de decembro, xaneiro e febreiro. +condimentada coas costumes galegas de todos os encontros deste tipo. Unha mesa, algo de comer e beber, un pouco de […]
4 · Decembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 4 · Decembro · 2017
O coñecemento e a propia experiencia na vida, quizá non se teña só con que pase o tempo por cada un de nos. Quizá, ao mellor, temos que poñer esforzo diario en pasar nos por ese tempo, de balde, como din os vellos. Deste xeito, a propia vida, responde en grolos gordos de coñecemento cada vez que os pes van […]
28 · Novembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 28 · Novembro · 2017
No percorrido de antonte polas Pegadas do Volframio, volvemos escoller a Eira das Meigas como lugar central da ruta, o avituallamento no vértice superior do traxecto. Case 40 persoas chegabamos atraídas pola reconstrución do antigo cromlech, que pasou a ocupar o lugar do orixinal na multitude de lendas e do imaxinario popular nun monte mítico. Achegabámonos coas mochilas e […]
26 · Novembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 26 · Novembro · 2017
O VI Outono en Marcha segue a percorrer as aldeas con futuro da nosa contorna. Desta vez tocounos ir visitar o gran monte que sempre nos está vixiando dende calquer punto de Bergantiños que te atopes. O Monte Neme. Nesta semana xa comezamos coa preparatoria a súa visita o mércores, coa presentación de dito roteiro, e o xoves co documental […]
26 · Novembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 26 · Novembro · 2017
Para a Escola Ambiental, a liña do tempo comeza co megalitismo. A pasada visita á mamoa da Peniqueira avanzou contidos para a rapazada e nesta sesión no Espazo da Natureza de Oza, os nenos e nenas puxéronse mans á obra para demostrar que o traballo conxunto pode dar lugar a metas moito máis amplas. Saber organizarse como grupo, aprender a […]
23 · Novembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 23 · Novembro · 2017
Máis de 20 persoas foron as que se achegaron ao Espazo da Natureza de Oza para visualizar o filme A Luz do Negro, dentro dos Xoves de Filmes que proxectamos dende o noso espazo. Entre os integrantes atopábanse membros da Plataforma en Defensa de Monte Neme, un nutrido grupo de mozos e mozas e, tamén, veciños e veciñas de Oza, […]
20 · Novembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 20 · Novembro · 2017
Daban as 8 da mañá e o termómetro marcaba un grao baixo cero, máis isto non foi un impedimento para que pouco a pouco se fosen achegando os participantes, listos para sentirse como verdadeiras marquesas e marqueses, pois hoxe poñían rumbo ás Terras do Marqués. A aposta é clara e decidida dende que o deseño dos percorridos se iniciou. Este […]
12 · Novembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 12 · Novembro · 2017
O día erguíase frío e sombrío, como un invernal domingo de novembro dos que prestan pasar o día ao carón da lareira, mais para un amplo grupo de camiñantes o seu plan era ben distinto. O frío e sombrío día tornou para eles nunha agradable xornada na que a súa lareira era os pasos compartidos entre compañeiros e o cálido […]
11 · Novembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 11 · Novembro · 2017
Fai pouco máis dun mes, a mañá dun cálido domingo de outubro, un grupo de voluntarias e voluntarios reuniámonos no Parque do Anllóns de Carballo para colaborar coa asociación ecoloxista ADEGA na limpeza simultánea de ríos. Hoxe, outra ducia de persoas dispostas a poñer do seu tempo reunímonos para volver a colaborar con ADEGA e co Campus do Mar de […]








