6 · Decembro · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 6 · Decembro · 2025
Bota a andar una 14 edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo coa máxima participación O pasado sábado 29 de novembro encendíuse a mecha da 14 edición da Escola Ambiental carballesa dende o Espazo da Natureza de Oza. Ao acto acudíu o concelleiro de Medioambiente Miguel Ángel Vales así como socios e socias de Senda Nova, que acompañaron […]
27 · Outubro · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 27 · Outubro · 2025
O 14 OUTONO ENMARCHA chega a súa xornada de descanso despois de percorrer as corredoiras de Bergantiños coas tres primeiras propostas. Razo-Baldaio, Pegadas do Wolframio e Terras do Marqués foron as tres propostas iniciais, nas que participaron preto de 100 persoas, que se achegaron ao patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da bisbarra a través de lama e corredoiras antigas. Explicacións […]
6 · Agosto · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 6 · Agosto · 2025
Asistimos con rabia a ter que debullar imaxes da nosa veciñanza correndo diante do lume. A sociedade na que temos de todo a golpe de click, o rural (a aldea) que segue a perder servizos día a día, ten que loitar hoxe correndo diante do lume. A Costa da Morte envolta en lapas e veciñas e veciños correndo para salvarse […]
17 · Xuño · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 17 · Xuño · 2025
A 13 edición da Escola Ambiental clausúrase con éxito O pasado sábado día 14 de xuño clausurouse a Escola Ambiental de Senda Nova- Concello de Carballo. Ao acto acudiron as familias, socios e socias de Senda Nova, representantes do Concello de Carballo e membros da directiva da asociación así como os propios participantes. Case 50 persoas puideron comprobar os […]
3 · Xuño · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 3 · Xuño · 2025
Dende a Asociación Ambiental Senda Nova queremos levar a reivindicación do Día do Medioambiente ao domingo 8 de xuño e nun lugar moi especial: a feira de Carballo. Dende este lugar que representou tanto para o agro bergantiñá, queremos denunciar a falta de contido dun día tan especial en tantas e tantas celebracións espalladas pola nosa contorna. O medioambiente non […]
28 · Maio · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 28 · Maio · 2025
A ruta por Trazo a través da andaina pola FORZA DO RÍO CHONIA, pechou a XVI PRIMAVERA EN RUTA. Fai 16 anos puxémonos como obxectivo o percorrer cada un dos itinerarios unha vez por ano. 16 anos despois cumprimos obxectivos a través dunha xuntanza de forzas que permitiu a realización de andainas para o aprendizaxe da nosa contorna. Desta volta, […]
14 · Maio · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 14 · Maio · 2025
A 16 PRIMAVERA EN RUTA encara a súa recta final agardando polas dúas últimas andainas polos concellos de Zas e de Trazo, que se celebrarán os próximos dous domingos. A última das paradas deste periplo de corredoiras tivo lugar en Caión. A pesar da previsión meteorolóxica, case medio cento de persoas acudiron aos CAMIÑOS DE CAIÓN para descifrar o patrimonio […]
7 · Abril · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 7 · Abril · 2025
ÇMáis de 60 persoas xuntáronse no Espazo da Natureza de Oza para recibir o número 4 da REVISTA ABRINDO CAMIÑO (a 5º edición tendo en conta que a publicación conta cunha primeria edición nº 0). No acto de presentación foron protagonistas os rapaces e rapazas da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo, que amosaron nas súas intervencións un resumo […]
2 · Abril · 2025
Publicado por A. A. Senda Nova em 2 · Abril · 2025
Case 60 persoas percorreron o bosque da Ribeira da Pena no que foi a segunda das andainas desta 16 Primavera en Ruta. Esta segunda das propostas contou cunha nutrida participación da propia xente das parroquias por onde pasamos. O esforzo da AV Aldemunde de Arriba e a entidade de Cerceda Veciños polo Rural dou resultado para aglutinar en torno á […]







