24 · Abril · 2017
Forza do Río Chonia 8º PR Vilacoba

APRENDIZAXE POLA MESETA DE ORDES

Case sempre nos agasalla Trazo con días solleiros para a representación deste percorrido inmerso na comarca de Ordes. Case sempre acurtamos o percorrido orixinario que estreabamos fai xa sete anos,e que comezaba camiñando na veciña parroquia de Tordoiesa de Cabaleiros. Pero o deseño do percorrido foi aínda anterior, con aquela base das Sendas do Apóstolo e aquelas corredoiras que visitamos […]
10 · Abril · 2017
8ª PR Coristanco Histórico Alex

Camiñar ben é ler a natureza

Quentaba o sol no polo alto dos montes que envolven o recuncho do igrexario de Seavia, un dos máis persoais de todo canto territorio camiñamos nas andainas para coñecer. Eran ás 10h. De anfitrión de luxo, Xose Antonio Andrade, resumiu o sentido dos 22 qm que quedaban para toda unha xornada de amizade conxunta para os 40 participantes que quixeron […]
6 · Abril · 2017
riberia da pena bosques 17

SOS RIBEIRA DA PENA

Remata inverno, Día da Árbore, e unha programación dedicada ás especies autóctonas: ao bosque autóctono. Nas inquedanzas da asociación segue a vivir a mirada cara os espazos máis próximos. O que se da en chamar pensamento global, acción local, dende un punto de vista de programación humilde pero sempre coa mente en dar a coñecer o máis achegado para poder […]
19 · Marzo · 2017
día da árbore 2017 4

Un Día da Árbore cheo de vida

Case 40 persoas reuníronse hoxe, día 19 de marzo no Espazo da Natureza de Oza (antiga unitaria) para celebrar, coa entrada da primavera, o que é tradición xa dende Senda Nova nestas datas: O Día da Árbore. Así, entre todos e todas e en familia, participar nun acto simbólico para a conservación e protección do noso bosque atlántico. O noso […]
13 · Marzo · 2017
Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

O bosque máxico: a Ribeira da Pena.

Estamos en Aldemunde, a parroquia máis pequena (2.69 km2) e menos poboada , conta con 91 habitantes, de Carballo. Entre os Concellos de Tordoia, Cerceda e Carballo atopamos unha paraxe única, unha ampla masa de bosque. A Ribeira da Pena  está formado por 80 ha. Este  bosque cae desde a meseta de Ordes a chaira de Bergantiños en pendente, sendo […]
20 · Febreiro · 2017
Historias de inverno Vilaño 2

FIN DO 4º INVERNO ANCESTRAL

  Os días son máis longos e menos fríos, febreiro remata. Non se acaba o inverno, que aínda terá que superar case por completo, un mes de marzo con experiencia en frío e fortes nevaradas nos altos galegos de oriente. Pero o INVERNO ANCESTRAL  de Senda Nova si que rematou. O repaso polo programa que comezaba o día 11 de […]
18 · Febreiro · 2017

Couso pecha as HISTORIAS DE INVERNO

Martín Rabuñal, o presentador da última velada das HISTORIAS DE INVERNO,  foi o primeiro en baixarse á estación de Couso para comezar co último faladoiro desta 3º xeira de andainas polo rural da Costa da Morte. Evangelina Pérez, Manuel Fernández, Ramón Velo voltaron a vista atrás por un intre ante case vinte espectadores e fixeronnos voar polo Couso sabor a […]
5 · Outubro · 2016
Píllara

Abrindo Camiño, de lembranza: A Píllara das dunas, patrimonio de Baldaio

“OS NOSOS ESPAZOS” “Sen dúbida, dentro do apartado dos NOSOS ESPAZOS, está Baldaio. No territorio carballés veñen de desenvolverse as últimas xornadas de interpretación dos humidais, coincidindo sempre co Día Internacional dos Humidais. Pero hoxe é 1 de outubro, o día que a SEO/BirdLife celebra como Día Mundial das Aves. Falar de aves e falar de Baldaio ten parada obrigada […]
20 · Xullo · 2016
Roteiro nocturno ao Pico de Meda 2016

Desde as estrelas de Meda

Desta vez, o pico de Meda recibiunos antes que en anos anteriores, cando chegabamos ao seu cumio co día vencido.