13 · Marzo · 2017
Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

O bosque máxico: a Ribeira da Pena.

Estamos en Aldemunde, a parroquia máis pequena (2.69 km2) e menos poboada , conta con 91 habitantes, de Carballo. Entre os Concellos de Tordoia, Cerceda e Carballo atopamos unha paraxe única, unha ampla masa de bosque. A Ribeira da Pena  está formado por 80 ha. Este  bosque cae desde a meseta de Ordes a chaira de Bergantiños en pendente, sendo […]
20 · Febreiro · 2017
Historias de inverno Vilaño 2

FIN DO 4º INVERNO ANCESTRAL

  Os días son máis longos e menos fríos, febreiro remata. Non se acaba o inverno, que aínda terá que superar case por completo, un mes de marzo con experiencia en frío e fortes nevaradas nos altos galegos de oriente. Pero o INVERNO ANCESTRAL  de Senda Nova si que rematou. O repaso polo programa que comezaba o día 11 de […]
18 · Febreiro · 2017

Couso pecha as HISTORIAS DE INVERNO

Martín Rabuñal, o presentador da última velada das HISTORIAS DE INVERNO,  foi o primeiro en baixarse á estación de Couso para comezar co último faladoiro desta 3º xeira de andainas polo rural da Costa da Morte. Evangelina Pérez, Manuel Fernández, Ramón Velo voltaron a vista atrás por un intre ante case vinte espectadores e fixeronnos voar polo Couso sabor a […]
5 · Outubro · 2016
Píllara

Abrindo Camiño, de lembranza: A Píllara das dunas, patrimonio de Baldaio

“OS NOSOS ESPAZOS” “Sen dúbida, dentro do apartado dos NOSOS ESPAZOS, está Baldaio. No territorio carballés veñen de desenvolverse as últimas xornadas de interpretación dos humidais, coincidindo sempre co Día Internacional dos Humidais. Pero hoxe é 1 de outubro, o día que a SEO/BirdLife celebra como Día Mundial das Aves. Falar de aves e falar de Baldaio ten parada obrigada […]
20 · Xullo · 2016
Roteiro nocturno ao Pico de Meda 2016

Desde as estrelas de Meda

Desta vez, o pico de Meda recibiunos antes que en anos anteriores, cando chegabamos ao seu cumio co día vencido.
4 · Xullo · 2016
Despedida da IV Edición da Escola Ambiental de Senda Nova

Serán divertido: despedida da IV Edición da Escola Ambiental de Senda Nova

O pasado sábado día 2 de xullo, despedimos entre xogos, risas, sorteos, e boa compaña os programas de actividades que vimos de celebrar durante todo o “curso”, demos remate aos 8 meses de Escola ambiental , que vimos levando a cabo dende o mes de novembro, despedimos e revivimos os bos momentos vividos durante as Semanas de Natureza e Paisaxe […]
10 · Xuño · 2016
Primavera en Ruta

7º Primavera en Ruta: O pulo para as nosas corredoiras

A historia de cada corredoira ven labrada en anos de traballo nos muros que a enmarcan. En décadas de paso de carros do país e xente en zocas cara a festa do patrón. En séculos de paso de diferentes pobos que uniron aldeas, tradicións… cultura.
15 · Abril · 2016
Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Así foron as Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Outro inverno máis remata e con el despedimos as Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016. Puxémoslles fin co DÍA DA ÁRBORE, actividade que se leva realizando case dende os comezos, xa fai unha década. Unha plantación na que vos reunistes nenas, nenos e incluso ata familias enteiras; e entre os máis de 40 participantes que vos achegastes o Rego da […]
10 · Marzo · 2016
Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016 - O Río Bardoso e a Berbia

O Río Bardoso e a Berbia reciben A Senda Nova

O pasado domingo día 13 adiantouse a primavera á data prevista. Os máis de corenta participantes nunha nova actividade das XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 16  desprazaronse ao concello da Laracha para percorrer o tramo alto do río Bardoso recentemente acondicionado polo Concello da Laracha. Na parroquia de Montemaior puidemos percorrer, nun expléndido día e de muíño en muíño, un […]