28 · Marzo · 2025

Novo número de ABRINDO CAMIÑO o día 5 de abril

O vindeiro sábado día 5 de abril verá a luz un novo número da revista ABRINDO CAMIÑO. A publicación periódica de Senda Nova está de volta cos mesmos obxectivos que a viron nacer. Trátase dun número 4 que se suma ao 0, 1, 2, 3 e que será a 5º edición dunha publicación que vai crecendo pouco a pouco. A […]
6 · Marzo · 2025
9º Inverno Ancestral Cosme Damián 2

A conversa con Cosme Damián Romay pecha o 9º INVERNO ANCESTRAL

Cosme Damián Romay pechou a xeira de Conversas do Rural e tamén o 9º INVERNO ANCESTRAL. A intervención do biólogo do G. N. Hábitat deixou en evidencia a eucaliptización do chan galego a través de estudados argumentos sobre as características da especie. A reprodución despois dos incendios, o consumo de auga ou o a capacidade das plantas para favorecer os […]
31 · Decembro · 2024
Apalpador Carreira 2024 4

O APALPADOR DEIXA EN CARREIRA UNHA APOSTA POLO MEDIO NATURAL

Espectacular velada nocturna a que puidemos vivir en Carreira-Zas o pasado domingo día 29 de decembro. ACTIVIDADES Dende primeira hora da tarde comezaban os obradoiros de pegadas e coñecemento do hábitat. Estas actividades, indicadas para os máis pequenos, foron aproveitadas por varias decenas de nenos e de nenas que aprenderon sobre os animais e o seu hábitat en dous interesantes […]
20 · Decembro · 2024
13 Outono en Marcha Niveiro 3

Niveiro pecha un 13 Outono en Marcha con máis de 200 participacións

O pasado sábado día 14 de decembro, pechouse en Niveiro unha das edicións do Outono en Marcha con máis participación. Máis de 200 participacións, principalmente dos concellos da Laracha, Carballo e Malpica de Bergantiños, repartidas en sete andainas polas comarcas de Bergantiños e tamén polo Concello de Val do Dubra. Precisamente pola parroquia dubresa de Niveiro, transcurríu a última das […]
10 · Decembro · 2024
9º Inverno Ancestral Cartel jpg

CHEGA UN 9º INVERNO ANCESTRAL CHEO DE ACTIVIDADES

  O INVERNO ANCESTRAL é dende os seus inicios, a aposta de Senda Nova por actividades recollidas, que teñen como obxectivo, ademais, dar a coñecer parte do patrimonio inmaterial da Costa da Morte. Con esta novena edición non imos inventar nada novo, pero si ofrecemos un esforzo extra na procura, entre outras cousas,  de dar a coñecer o patrimonio da […]
9 · Novembro · 2024
espias no bosque cartel 2

ESPÍAS NO BOSQUE VOLVE ÁS AULAS

O programa ESPÍAS NO BOSQUE volve ás aulas dos colexios de Bergantiños. O proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, faise maior entre a rapazada bergantñá. Nesta edición do ano 2024, o periplo de actividades volta ás aulas despois duns meses de descanso para dar a coñecer ás principais especies de mamíferos autóctonos e tamén a contido sobre o hábitat onde […]
9 · Novembro · 2024
13 Escola Ambiental Senda Nova

Abertos os apuntamentos para a 13 edición da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO

A 13 edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo quence motores á espera da presentación o vindeiro sábado día 23 de novembro. A rapazada do concello de Carballo que curse entre terceiro e sexto de primaria ten a oportunidade de desfrutar dunha actividade semanal de achegamento ao patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da contorna a través de  excursións […]
15 · Outubro · 2024
Senda das Capelas 13 Outono en Marcha 2

Case medio cento de camiñantes estrean o 13 OUTONO EN MARCHA coa SENDA DAS CAPELAS

Case medio cento de persoas iniciaron as actividades da programación do XIII OUTONO EN MARCHA que iniciou as andainas polo percorrido pola SENDA DAS CAPELAS, dentro da parroquia larachesa de Montemaior. Entre os participantes atopábase unha ampla representación de xente do propio concello e da Escola Oficial de Idiomas de Carballo. O percorrido tradicional dentro da programación de andainas de […]
12 · Xuño · 2024
Escola Ambiental Senda Nova Feira 3

A ESCOLA AMBIENTAL AGARDA POLA CLAUSURA DOUTRA EXITOSA EDICIÓN

A pasada feira dominical de Carballo acolleu un posto moi especial de venda de produtos agrícolas. Os integrantes da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo tiñan escrito no calendario este día tan especial. Un gran traballo  en común para que todo o traballo de horta ecolóxica que veñen cultivando dende fai meses se vira reflectido nunha recompensa  especial: a […]