14 · Abril · 2021
Publicado por A. A. Senda Nova em 14 · Abril · 2021
As mochilas limpas, as botas con crema e o impermeable listo. Todo a punto para que este domingo se inicie a 12º edición da PRIMAVERA EN RUTA, o programa máis antigo da asociación, que este ano pretende chegar ás 8 andainas. OBXECTIVOS Sen dúbida, o máis preparado por parte de Senda Nova e camiñantes é o espírito de coñecemento e […]
17 · Marzo · 2021
Publicado por A. A. Senda Nova em 17 · Marzo · 2021
O día 21 de marzo, ademais de dar comezo a primavera, celébrase o Día Forestal Mundial. Coincidindo con esta xornada e con esta época do ano, dende Senda Nova vimos realizando dende hai máis dunha década plantacións de especies autóctonas a carón dos ríos, en lugares como o entorno da Férveda de Entrecruces, con escolares de diferentes centros de Bergantiños […]
23 · Decembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 23 · Decembro · 2020
Hai espías que levan espiando aos ESPÍAS NO NOSO BOSQUE. Levan traballando dende o anonimato durante estes meses para tratar de descubrir coñecemento sobre os mamíferos que se atopan no noso entorno rural. Os espías de Senda Nova tratan de achegar ese coñecemento a escolas e instututos da bisbarra coa fin de saber máis sobre estes animaliños que están […]
6 · Decembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 6 · Decembro · 2020
O Monte Neme foi desta volta O encargado de despedir un 9º OUTONO EN MARCHA que pensa na edición número 10 despois de 56 andainas de outono e de 170 actividades deste tipo. Monte Neme foi hoxe vixía na escuridade da néboa que curta o paso a unha realidade paisaxística de envexa no corazón de Bergantiños. Esa mesma néboa que […]
5 · Decembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 5 · Decembro · 2020
A 9º ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO da a saída dende o ESPAZO DA NATUREZA DE OZA a través do primeiro dos grupos de nenos e nenas que formará parte do proxecto na súa edición 20-21. A agardada nova edición da Escola Ambiental iníciase con máis interese que nunca nas actividades deste tipo onde priman as sesións no medio […]
30 · Novembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 30 · Novembro · 2020
A homologación da Ruta das Férvedas logrou vestir de bonito un percorrido cunha gran carga de contidos. Ano tras ano son moitas as persoas que solicitan información sobre o percorrido. Un bó número delas tamén se apunta dentro da actividade que realizamos no marco do OUTONO EN MARCHA anual, para sacarlle o máximo en contidos a través das […]
23 · Novembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 23 · Novembro · 2020
SENDA NOVA SUMASE A MÁIS DE MEDIO CENTO DE COLECTIVOS NO MANIFESTO ALDEAS CON HORIZONTE A asociación Ambiental Senda Nova ven de asumir o manifesto que pretende un novo modelo eólico no país. Entre outras cuestións, o manifesto fai referencia a 15 puntos básicos imprescindibles: O novo marco normativo debería fundamentarse, candomenos, nosseguintes 15PRINCIPIOS: 1.Planeamento eólico para unha […]
23 · Novembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 23 · Novembro · 2020
A Peniqueira, balcón e vixía do centro do concello de Carballo, xunta con agarimo dúas parroquias fértiles do territorio. Asentadas en dous vales ben diferenciados, Ardaña e Artes conviven a través dun monte estratéxico cheo da historia que nos marcan os vestixios megalíticos e castrexos. Pero ademais, estas dúas parroquias teñen en común un pasado de sona fidalga. […]
10 · Novembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 10 · Novembro · 2020
No medio da brétema pola que pelexan as comarcas de Bergantiños e Xallas, tres grupos de camiñantes érguense ben cedo coa firme decisión de esixirlle a un domingo de choiva. Os case 20 camiñantes chegan a capela do Campelo, territorio de Coristanco, ben seguros de afrontar a situación climatolóxica e facer dunha xornada de puro outono, un día […]