29 · Outubro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 29 · Outubro · 2020
Se collemos o planeta terra dende o Google Maps e imos facendo zoom ao chou, podemos achegarnos a lugares a priori pouco importantes. Se en vez do planeta terra collemos a costa carballesa de Razo-Baldaio, probablemente o zoom mental tampouco nos leve ás aldeas interiores das parroquias de Razo, Lema, Noicela ou Rebordelos. Mais o Google Maps incorpora na […]
19 · Outubro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 19 · Outubro · 2020
Un día perfecto podería ser aquel no que, aprendendo, gozaramos. Un día de crecemento en toda regra. O 9º Outono en marcha arrincou, colleu altura e presentouse en Montemaior para iniciarse a carón da capela de Sta Margarida deslizándose polos camiños do coñecemento hasta chegar ao igrexario de Sta María Magdalena, patroa (non sei porque non matrona) da parroquia larachesa. […]
10 · Outubro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 10 · Outubro · 2020
Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 9 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos: coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico. Todo isto co condimento especial da estación de outono, onde as paisaxes bergantiñáns que […]
1 · Outubro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 1 · Outubro · 2020
Como é xa tradicional a comezos de outubro e da estación de outono, volven as rutas de Senda Nova. Voltaremos a pisar lama, a camiñar polas follas secas e a aprender. Temos unha cita o vindeiro sábado 10 de outubro ás 11h no Espazo da Natureza de Oza. Seredes tod@s benvid@s. Coma nos últimos tempos, o aforo será ben limitado, […]
20 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 20 · Setembro · 2020
A segunda edición da revista ABRINDO CAMIÑO xa está camiñando polo rural de Bergantiños. Onte, dende o Espazo da Natureza de Oza, presentamos o segundo número da publicación da asociación que pretende, entre outras cousas, poñer en valor o patrimonio das nosas comarcas. O acto estivo complementado por persoas colaboradoras da publicación, membros de Senda Nova e tamén público en […]
12 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 12 · Setembro · 2020
Por fin temos xa aquí a presentación doutro número da revista ABRINDO CAMIÑO. Esta nova edición deste espazo impreso para a dinamización rural das nosas comarcas verá a luz o vindeiro sábado día 19 de setembro ás 19h nos exteriores do Espazo da natureza de Oza. Dende Senda Nova convidamos a colaborador@s, soci@s e demais público para achegarse a dar […]
3 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 3 · Setembro · 2020
Para rematar o ciclo da Primavera en Ruta deste ano, fixémolo ao grande. Logo das presentacións e meter nas mochilas os bocatas e o tríptico, visitamos a fervenza do Rabiñoso (paraxe excepcional) ao comezo do día espectacular. Serviunos tamén para estimular a subida a Pico de Meda, con paradas para coller folgos e comentar aspectos que ían xurdindo. Chegado a […]
25 · Agosto · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 25 · Agosto · 2020
Logo de recollernos o autobús nos concellos de Coristanco, Carballo e A Laracha, dirixímonos o Santuario dos Milagres de Caión comenzo da penúltima ruta do ciclo deste ano, que por motivos que todas e todos sabemos, non se poideron facer na primaveira coma sempre. Xa en Caión logo da presentación da actividade, o noso mestre Evaristo Rodríguez Rial comenzou a […]
19 · Xullo · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 19 · Xullo · 2020
Os lindes entre concellos, comarcas, estados ou provincias son , en moitas ocasións, dos lugares menos coñecidos das mesmas. Os territorios a cabalo entre dúas comarcas irmás como Bergantiños e Soneira ,son neste caso parroquias do interior profundo do concello de Cabana de Bergantiños. A fronteira administrativa dos concellos establécese facilmente mais as comarcas naturais de Bergantiños e Soneira […]