3 · Novembro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 3 · Novembro · 2019
O Espazo da natureza de Oza acolle un intenso mes de novembro. Un outono cargado de propostas que se mestura coas rutas interpretativas do OUTONO EN MARCHA. Estes proxectos teñen obxectivos que se vertebran tamén a prol da dinamización do noso rural a través deste Espazo da Natureza de Oza e tamén de diferentes tipos de dinamización. Neste caso os […]
21 · Outubro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 21 · Outubro · 2019
O pasado domingo día 20 de outubro chegamos ao ecuador do programa 8° Outono en Marcha, coa ruta A Senda das Capelas, un percorrido que discorre íntegramente pola parroquia de Montemaior, no concello de A Laracha. A xornada discorreu entre nubes e choiva, pero iso non foi impedimento para gozar do patrimonio , historia e cultura que atopamos nos lugares […]
19 · Outubro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 19 · Outubro · 2019
Un ano máis dende Senda Nova unímonos a Limpeza Simultánea de Praias 2019 organizada pola Asociación Ecoloxista Adega, desplazándonos un ano máis ao litoral Carballés, neste caso concretamente a Baldaio, un espazo espectacular e dun alto interese ecolóxico, paisaxístico, cultural e social que temos a sorte de ter moi preto. A pesar da choiva constante e incesante, non foi motivo […]
19 · Outubro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 19 · Outubro · 2019
Onte venres día 18 de outubro celebramos o Día mundial da protección da Natureza. Dentro da efeméride e da véspera da Limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA e coa que colaboramos, quixemos deixar para este día o comezo da conta atrás para a vindeira edición da ESCOLA AMBIENTAL, sen dúbida, un dos programas máis importantes da nosa entidade. A […]
14 · Outubro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 14 · Outubro · 2019
Despois da resaca da segunda das andainas deste VIII Outono en Marcha, neste día gris pesado no que aparecen as primeiras lamas da estación tardía, saboreamos a entrada real no tempo de recollida, de lume e de historias. Facémolo despois depercorrer as corredoiras polas Terras do Marqués nun día galego de brétema e orballo. RAZO BALDAIO Hoxe é o día, […]
29 · Setembro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 29 · Setembro · 2019
A XII edición da Limpeza simultánea de rios organizada por ADEGA tivo hoxe domingo o seu día central cunha boa xeira de accións en todo o país con moitas entidades colaboradoras a prol da sensibilización ecolóxica polos nosos ríos. Galicia, o país dos mil ríos sofre un especial problema coas nosas canles e zonas de influencia, unha problemática contra a […]
28 · Setembro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 28 · Setembro · 2019
Case 30 persoas se deron cita na mañá deste sábado día 28 de setembro para realizar a Ruta xeolóxica que se enmarcaba no programa do Concello de Carballo EU QUERO RAZO BALDAIO, e que dende Senda Nova guiabamos co obxectivo de achegarse á xeoloxía máis básica que se abre ao mar na costa carballesa. A boa aceptación da primeira das […]
26 · Setembro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 26 · Setembro · 2019
Na tarde de onte, tivo lugar a presentación do 8º Outono en Marcha no Espazo da Natureza de Oza, durante a cal coñecemos os pormenores deste programa de actividades que acada xa a súa 8ª edición, e que ano tras ano sae adiante para percorrer e dinamizar diferentes percorridos deseñados para poñer en valor e coñecer o noso patrimonio máis […]
9 · Setembro · 2019
Publicado por A. A. Senda Nova em 9 · Setembro · 2019
Case corenta persoas se deron cita na mañá do pasado sábado para asistir á primeira das citas coa xeoloxía do programa EU QUERO RAZO BALDAIO que impulsa o Concello de Carballo coa colaboración das entidades ADEGA, GN Hábitat e a A. Ambiental Senda Nova. Precisamente dende a entidade bergantiñá cordinamos a saída a través do guiado de Ángela e Evarísto. […]