18 · Outubro · 2016

Presentación do V OUTONO EN MARCHA

15 · Setembro · 2016
Abrindo camiño

Presentación das actividades “ABRINDO CAMIÑO”

O xoves día 15 de setembro ás 13 horas, dende Senda Nova convidaremos á prensa e a tod@s @s que desexedes acompañarnos, para dar a coñecer as diferentes accións a desenvolver neste ABRINDO CAMIÑO, DÍAS DE ECOLOXÍA E PATRIMONIO. Daremos a coñecer a cronoloxía de actividades así como os obxectivos xenéricos e específicos do proxecto. Tamén as entidades colaboradoras.
20 · Xuño · 2016
Clausura da III Escola Ambiental Senda Nova

Serán Divertido. Clausura da IV Escola Ambiental Senda Nova

O sábado día 2 de xullo ás 18:00h na rúa Colombia de Carballo, terá lugar un encontro aberto a todos os públicos, no cal disfrutaremos de xogos tradicionais, unha merenda conxunta, sorteos, premios e sorpresas para os máis cativos para despedir a IV Edición da Escola Ambiental Senda Nova, que se ven celebrando dende o pasado mes de novembro. A […]
3 · Maio · 2016
Presentación das II Semanas de Natureza e Paisaxe

Presentación das II Semanas de Natureza e Paisaxe

O vindeiro martes día 3 de maio ás 19:30 horas, terá lugar no local social de A Brea a presentación da II edición das Semanas de Natureza e Paisaxe. 
30 · Marzo · 2016
Volven as andainas, vén á 7º Primavera en ruta

Volven as andainas, vén á 7º Primavera en ruta

Unha nova edición do proxecto máis antigo de Senda Nova. Unha nova edición de roteiros interpretativos. Dende Sísamo presentaremos o programa coa presenza de colaboradores, organizadores, participantes e tod@s @s que vos queirades achegar para coñecer os obxectivos, lugares de saída, roteiros…. e tamén pasar un tempo agradable con compañeiros de andainas. QUE SEPAS QUE COMEZAN O DÍA 3 DE […]
15 · Marzo · 2016
Día da árbore 2016

Día da árbore 2016

O Rego da Balsa de Carballo (cerca do IES Parga Pondal), recibirá a visita de todos cantos participantes desexen contribuír a unha plantación de especies autóctonas coincidindo co DÍA DA ÁRBORE 2016, nestas XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 16. No acto, colabora o Concello de Carballo e a Asociación de Veciños a Fonte Salgueira de Vilela-Entrecruces. Nas marxes do río […]
1 · Xaneiro · 2016
Historias de inverno Buño 3

Buño e a súa historia

Buño, vila oleira de Bergantiños, situase no centro da pequena parroquia do mesmo nome e no centro da comarca. Capital da oleiría, dela saíron millóns de pezas nos antigos carros do país para cantas feiras había na bisbarra. Mañán mércores será capital das Historias de Inverno a través do faladoiro con Carmen Cal ( Carmen de Lino), Constantino Perez ( […]
17 · Outubro · 2015
IV OUTONO EN MARCHA

Presentación do IV Outono en Marcha

Follas secas mentres camiñas, lama nas botas e nas corredoiras, brétema fría nas mañáns de domingo… Chega o outono e chega con marcha: Chega  IV OUTONO EN MARCHA. Estás convidado á presentación o vindeiro martes día 20 de outubro ás 20 horas no local social de Erbecedo-Coristanco. Comezamos!!