20 · Marzo · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 20 · Marzo · 2018
Comeza a nova estación. Unha nova estación das flores. Unha nova estación de camiñadas para coñecer o entorno. Por iso nos xuntamos tod@s o vindeiro venres 23 no Espazo da Natureza de Oza. Para lembrar e para proxectar. Porque xa levamos nove anos do proxecto máis antigo de Senda Nova. Porque seguimos cos compromisos e porque temos ganas de vernos. […]
17 · Marzo · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 17 · Marzo · 2018
Mañá temos unha cita no Espazo da Natureza de Oza ás 11. Unha xuntanza para tomar conciencia, para conmemorar «O día da Árbore», para aportar o noso gran de area cara os nosos bosques, pois mañá despedimos os «Días dos Bosques 18» cunha plantación de especies autóctonas, entre elas carballos, castiñeiros ou acivros. Entre todos e todas camiñaremos na posta […]
9 · Marzo · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 9 · Marzo · 2018
Debido á previsión metereolóxica para o vindeiro día 11 e á alerta laranxa da Dirección Xeral de Emerxencias e interior, vémonos na obriga de suspender a saída do vindeiro domingo dia 11 ás fragas de Catasós, en Lalín-Pontevedra. As recomendacións de Protección Civil encamiñaban a suspender a actividade ao aire libre, ademais, nunha zona con probable desbordamento de cauces fluviais. […]
25 · Febreiro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 25 · Febreiro · 2018
Os DÍAS DOS BOSQUES 18 camiñan por eles mesmos. A configuración destas xornadas de achegamento aos bosques comprenden un total de oito propostas para colectivos específicos e público en xeral co obxectivo principal da sensibilización do bosque autóctono galego. Dende a Asociación Ambiental Senda Nova temos unha traxectoria de varios anos de organización de actividades con estes obxectivos específicos. A […]
10 · Xaneiro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 10 · Xaneiro · 2018
Martin Hutchinson recorre o mundo enteiro cunha bicicleta e un can. Starsky tamén é testemuña sobre as desfeitas ambientais que os dous socios se van atopando polo mundo. De todas, hai unha revindicación continua na que redunda en todas as paradas: O lixo mariño. A súa andaina achegouno estos días a Galicia e a Bergantiños. Coma sempre, coa súa bici […]
9 · Decembro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 9 · Decembro · 2017
Temos preparado un novo evento. Aquel que, dende o solsticio de inverno, xuntaba á xente arredor do lume para queimar o peor dunha época e pedir aos espíritos o mellor para a vindeira. Nós utilizarémolo ademais para lembrar os mellores contos das sesións da Escola Ambiental e das andainas do 6º Outono en Marcha, e tamén para recibir unha nova […]
26 · Outubro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 26 · Outubro · 2017
A difusión da 6º edición da Escola Ambiental de Senda Nova segue imparable polos centros de primaria da bisbarra. A infromación, clase por clase, intenta levar aos nenos e nenas a información dun dos proxectos máis ambiciosos de Senda Nova que realiza coa colaboración do Concello de Carballo, máis se cabe para esta 6º edición. Ante a imposibilidade de pechar […]
26 · Outubro · 2017
Publicado por A. A. Senda Nova em 26 · Outubro · 2017
O Espazo da Natureza de Oza acolleu unha nova presentación do 6º Outono en Marcha, onde se desmenuzaron os diferenetes obxectivos das andainas, así como un repaso de cada unha das mesmas no que respecta aos lugares de interese. Tamén fixemos un percorrido polas diferentes actividades paralelas, nas que destacaron os filmes que, dende o mesmo Espazo da Natureza de […]





