10 · Outubro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 10 · Outubro · 2020
Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 9 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos: coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico. Todo isto co condimento especial da estación de outono, onde as paisaxes bergantiñáns que […]
1 · Outubro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 1 · Outubro · 2020
Como é xa tradicional a comezos de outubro e da estación de outono, volven as rutas de Senda Nova. Voltaremos a pisar lama, a camiñar polas follas secas e a aprender. Temos unha cita o vindeiro sábado 10 de outubro ás 11h no Espazo da Natureza de Oza. Seredes tod@s benvid@s. Coma nos últimos tempos, o aforo será ben limitado, […]
20 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 20 · Setembro · 2020
A segunda edición da revista ABRINDO CAMIÑO xa está camiñando polo rural de Bergantiños. Onte, dende o Espazo da Natureza de Oza, presentamos o segundo número da publicación da asociación que pretende, entre outras cousas, poñer en valor o patrimonio das nosas comarcas. O acto estivo complementado por persoas colaboradoras da publicación, membros de Senda Nova e tamén público en […]
12 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 12 · Setembro · 2020
Por fin temos xa aquí a presentación doutro número da revista ABRINDO CAMIÑO. Esta nova edición deste espazo impreso para a dinamización rural das nosas comarcas verá a luz o vindeiro sábado día 19 de setembro ás 19h nos exteriores do Espazo da natureza de Oza. Dende Senda Nova convidamos a colaborador@s, soci@s e demais público para achegarse a dar […]
3 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 3 · Setembro · 2020
Para rematar o ciclo da Primavera en Ruta deste ano, fixémolo ao grande. Logo das presentacións e meter nas mochilas os bocatas e o tríptico, visitamos a fervenza do Rabiñoso (paraxe excepcional) ao comezo do día espectacular. Serviunos tamén para estimular a subida a Pico de Meda, con paradas para coller folgos e comentar aspectos que ían xurdindo. Chegado a […]
16 · Xuño · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 16 · Xuño · 2020
Semáforo en verde para unha nova edición da Primavera en Ruta. O Espazo da Natureza de Oza acolleu a presentación dunha nova edición da Primavera en Ruta, o programa máis antigo da asociación e un dos máis importante dos proxectos da zona para poñer en valor o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da bisbarra a través das camiñadas. Deron a […]
12 · Xuño · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 12 · Xuño · 2020
O vindeiro luns día 15 de xuño faremos a presentación doutra edición máis do programa máis antigo da asociación: a PRIMAVERA EN RUTA. Nesta edición chegaremos aos 11 anos continuados de proxecto. Sempre é un acontecemento importante seguir nos camiños a través do aprendizaxe. Nesta edición máis contentos se cabe polas circustancias que se presentaron no camiño e polas que […]
14 · Maio · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 14 · Maio · 2020
Dende a Asociación Ambiental Senda Nova ofrecemos a colaboración e experiencia na posta en valor do rural a través da interpretación. Moi pronto a PRIMAVERA EN RUTA, a ESCOLA AMBIENTAL e un novo número da revista ABRINDO CAMIÑO, máis que nunca co noso patrimonio, entidades e comercio local. A nova situación que estamos a vivir está a incentivar a creación […]