25 · Outubro · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 25 · Outubro · 2022
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UNHA NOVA EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO Ábrese o prazo de inscrición para a XI edición da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO. O proxecto faise maior dende o apego á natureza e patrimonio. PARA QUEN Pódense anotar nenos e nenas de Carballo que cursen 3º, 4º, 5º ou 6º […]
30 · Setembro · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 30 · Setembro · 2022
Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 11 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos: coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico. Todo isto co condimento especial da estación de outono, onde as paisaxes bergantiñáns que […]
16 · Setembro · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 16 · Setembro · 2022
O Outono en Marcha agarda unha vez máis para presentarse aos participantes bergantiñáns e de fora da comarca. O programa de rutas está a piques de cumprir once anos de idade. Recen superada a década de camiñadas pola comarca, o proxecto faise maior coas premisas de sempre e as ansias renovadas para facer de cada recuncho de interese un lugar […]
12 · Agosto · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 12 · Agosto · 2022
O verán remata en setembro e as montañas do Alto Nalón asturiano choran as primeiras bágoas de outono. A humidade volve ao ambiente ao tempo que as árbores de folla caduca comezan a súa decadencia. Os olores poténcianse e os cervos entran en celo por todo un territorio onde son maioría. O espectáculo da Berrea móstrase cada ano […]
2 · Xullo · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 2 · Xullo · 2022
Outra edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo tocou ao seu fin este pasado sábado no Espazo da Natureza de Oza. Ao acto asistiron membros do Concello de Carballo, así como familiares e amigos da rapazada asistente. Tamén un bo número de persoas de Senda Nova, que se animaron a arroupar e homenaxear ás rapazas e rapaces protagonistas doutra […]
27 · Xuño · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 27 · Xuño · 2022
Fai uns días puxemos punto e final a outra edición máis do programa máis antigo de Senda Nova. A Primavera en Ruta superou a edición número 13 no seu calendario cumprindo obxectivos de participación, diagnose do territorio e tamén coñecemento do mesmo. Volveuse a facer a través dos clásicos percorridos, deseñados para tal efecto, que apuntan a paradas para […]