8 · Abril · 2021

Presentase a 12 Primavera en Ruta

Volta unha nova edición do programa máis antigo da asociación, a PRIMAVERA EN RUTA. 12 anos de edición presentaranse o vindeiro martes 13 de abril nos exteriores do Espazo da Natureza de Oza ás 20 h. Os obxectivos de camiñar para a posta en valor da nosa paisaxe estarán presentes noutra nova edición que pretende ademais reivindicar este tipo de […]
17 · Marzo · 2021
celebración do Día Mundial Forestal 2021

A Feira de Carballo, destino da celebración do Día Forestal Mundial

O día 21 de marzo, ademais de dar comezo a primavera, celébrase o Día Forestal Mundial. Coincidindo con esta xornada e con esta época do ano, dende Senda Nova vimos realizando dende hai máis dunha década plantacións de especies autóctonas a carón dos ríos, en lugares como o entorno da Férveda de Entrecruces, con escolares de diferentes centros de Bergantiños […]
8 · Marzo · 2021
presentacion n2 revista 2

Presentada unha nova edición de ABRINDO CAMIÑO

  O número 2 ou a terceira edición da revista ABRINDO CAMIÑO  ve por fin a luz dende o Espazo da natureza de Oza. A nova edición presentouse nos exteriores do Espazo da Natureza de Oza o pasado sábado día 6 de marzo diante de colaboradorxs e socixs da entidade, así como de persoas convidadas. A revista, de 46 páxinas, […]
26 · Febreiro · 2021
cartel presentacion nº 2

Presentación número 2 revista Abrindo Camiño

Abrindo Camiño está de volta. Este espazo impreso para a dinamización rural chega ao seu número 2 ( terceira edición) co vello obxectivo de impulsar iniciativas sostibles e denunciar desfeitas contra o noso patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico. A iniciativa é unha gran aposta para a Asociación Ambiental Senda Nova, que dedica un esforzo importante para a súa edición, pero […]
23 · Decembro · 2020
Espias no bosque cartel

Hai ESPÍAS NO NOSO BOSQUE

Hai espías que levan espiando aos ESPÍAS NO NOSO BOSQUE. Levan traballando dende o anonimato durante estes meses para tratar de descubrir coñecemento sobre os mamíferos que se atopan no noso entorno rural.   Os espías de Senda Nova tratan de achegar ese coñecemento a escolas e instututos da bisbarra coa fin de saber máis sobre estes animaliños que están […]
6 · Decembro · 2020
9º OM Pegadas do volframio

Monte Neme despedíu o 9º OUTONO EN MARCHA

O Monte Neme foi desta volta O encargado de despedir un 9º OUTONO EN MARCHA que pensa na edición número 10 despois de 56 andainas de outono e de 170 actividades deste tipo. Monte Neme foi hoxe vixía na escuridade da néboa que curta o paso a unha realidade paisaxística de envexa no corazón de Bergantiños. Esa mesma néboa que […]