Carnés é unha das 14 parroquias que vertebran o concello máis extenso da Costa da Morte: Vimianzo. Situase na parte oeste do mesmo. Dentro do riquísimo patrimonio cultural inclúese a interesente igrexa parroquial, de estilo neoclásico.
Carnés é coñecido tamén pola Fraguía, unha festa que ten como orixe o mesmo da Cofradía de Carnés e que é tamén hoxe en día, unha exaltación gastronómica dun manxar da zona: Os callos.
Viaxaremos coas HISTORIAS DE INVERNO á parroquia, para escoitar como foi a vida en Carnés na súa historia recente. Farémolo a través das verbas de Mercedes Arturo, María Perez, Juana Ínsua e Mercedes Romero. Será ás 19h. do vindeiro mércores 18 de xaneiro, dende o Centro Cultural de Carnés, e coa presentación de Nieves Lema.
Moitísimass grazas tamén á Asociación Cultural o Castelo de Vimianzo.
Fotografía da web do Concello de Vimianzo