Deste xeito despedimos os programas de primavera: a VI Primavera en Ruta e as Semanas de Natureza e Paisaxe así como facer o descanso de verán da ESCOLA AMBIENTAL.
Por todo isto teremos a carpa chea de nenos e nenas e por todo isto aproveitaremos o momento para presentar o novo programa que xa está no forno: O VERÁN AO NATURAL 15.
Todo con condimento, con música tradicional, con asados, con concurso de postres e con fotos e anécdotas de cada un de nos.
Pecharemos o día coa Asamblea Xeral Extraordinaria e co único punto a aprobación da modificación dos estatutos da entidade ao que aproveitamos para convocar a todos os socios e socias da mesma. 20:15 primeira convocatoria, 20:45 segunta convocatoria.
Pasadevos pola festa e se queredes comer connosco apuntadevos vía teléfono antes do xoves 2: