Historias de Moldavia, HISTORIAS DE INVERNO

Historias de Moldavia, HISTORIAS DE INVERNO

Moldavia, un pequeno país do leste de europa, enmarcado entre Rumanía e Ucraina, a cabalo entre a economía europea e rusa.
A súa capital é Chisináu e nela habitan case oitocentosmil, dos case catro millóns de persoas do total do país.
Moito máis que isto nos contarán Clara Valentina Jelihovschi e Ion Jelihovschi, despois da presentación de Roberto Rivas. Será na seguinte estación das HISTORIAS DE INVERNO, na parada extraordinaria desta xeira de faladoiros.
HISTORIAS DE INVERNO, Historias de Moldavia. O vindeiro mércores ás 19h. dende a escola de Oza-Carballo. Alí nos vemos.