As últimas xornadas foron intensas pola programación dos Días dos Bosques. Comezaban as xornadas o sábado na Laracha, na parroquia de Montemaior e na beira do río Bardoso. Case 30 persoas non lle tiveron medo á auga e participaron na excursión de mañán e tamén na tarde, dende o propio bosque da Berbia, en Carballo.
O domingo foi a quenda do bosque da Ribeira da Pena, percorrendo os Camiños de Aldemunde e visitando lugares como o castro de Aldemunde ou o dolmen da Pedra Moura ademáis do bosque autóctono.
As xornadas continuaron a mañán do luns e do martes cos rapaces e rapazas de 5º curso do Colexio Otero Pedrayo da Laracha.
Por outra banda, hoxe xoves seguen os Días dos Bosques dando paso ás proxeccións. Dende a Escola Unitaria de Oza terá lugar ás 19 horas o pase do documental “El Secreto del Bosque” cunha duración de 45 minutos. O vindeiro xoves á mesma hora e no mesmo lugar será a quenda de “Tukki, la huella ambiental”, ambos documentais pertencentes ao arquivo Butaca Verde do CEIDA.
Vémonos en Oza.