O xoves día 15 de setembro ás 13 horas, dende Senda Nova convidaremos á prensa e a tod@s @s que desexedes acompañarnos, para dar a coñecer as diferentes accións a desenvolver neste ABRINDO CAMIÑO, DÍAS DE ECOLOXÍA E PATRIMONIO.
Daremos a coñecer a cronoloxía de actividades así como os obxectivos xenéricos e específicos do proxecto. Tamén as entidades colaboradoras.