Desde as estrelas de Meda

Desde as estrelas de Meda

Roteiro nocturno ao Pico de Meda 2016

Roteiro nocturno ao Pico de Meda 2016

Desta vez, o pico de Meda recibiunos antes que en anos anteriores, cando chegabamos ao seu cumio co día vencido. Evaristo dou a benvida aos máis de 20 participantes deste roteiro nocturno que, un ano máis, camiñaba entre os lobos de Meda. Fíxoo coma sempre dende a férveda do Rabiñoso, ese segredo que o historiador de Zas nos conta coa didáctica precisa do profesor apaixoado. Un lugar a cabalo entre Bergantiños e Soneira, entre Zas e Coristanco, pero nun todo xeográfico escaneado por Evaristo a base de tempo, toxos e paixón polo noso patrimonio.

Guiounos camiño dun alto do monte que nos recibíu cun vento que arrastrou os impresionantes raios vermellos que o sol nos agasallou na prórroga dun día, que se ía por detrás do faro Vilán.

O espazo e o momento ben mereceu o tempo de ver pasar a vida dende o alto dunha das mellores balconadas da Costa da Morte. A vida tamén dos cabalos salvaxes que seguen a habitar os montes de Meda coa sana afición de contribuír coa natura soneirá.

Pero o vento frío xogaba na contra de estar quedo,  e a expedición continuou dirección sur para camiñar xa na divisoria coa veciña comarca de xallas.

Roteiro nocturno ao Pico de Meda 2016

Roteiro nocturno ao Pico de Meda 2016

A noite era calificada de espectacular polos sendeirstas máis vellos e tamén pola grande representación moza que, de xeito exemplar, adaptabase ao entorno e á actividade, cun auténtico equipo levado ás costas con orgullo.

Roteiro nocturno ao Pico de Meda 2016

Roteiro nocturno ao Pico de Meda 2016

Sen dúbida, cada minuto mirando ao ceo, completabase con voar máis e máis entre máis e máis estrelas e constelacións.

Adaptar a visión a un ceo completamente estrelado foi máis sinxelo nun lugar sen máis contaminación lumínica que as pequenas luces que, ao lonxe, marcabannos as aldeas da Costa da Morte. Doutra banda, de xeito minúsculo, as festas de San Cristovo, ben limitadas a través dos fogos artificiais.

E efectivamente, bastou a primeira parada de observación, nun intre de tregua no son dos muíños, para saír do mundo real durante 4 minutos en viaxar en avións, satélites, planetas, e estrelas fugaces, ás que lle acabamos pedindo desexos conxuntos dende o alto do monte.

Sen dúbida, cada minuto mirando ao ceo, completabase con voar máis e máis entre máis e máis estrelas e constelacións.

Algunha lenda sobre Orión e Escorpio e seguimos camiño correcto grazas á estrela polar.

Ás veces tocaba falar do rei do monte. O lobo divisabanos detrás dos toxos, preguntandose por tal grupo de persoas camiñando só coa pouca luz que a lúa nos ofreceu esa noite.

Tamén chegamos máis cedo do previsto a San Roque do Monte, lugar de pernocta e de saborear ao máximo grazas á fermosura da carballeira, ao espectacular entorno e á abundante fonte. A inagotable auga de San Roque é milagreira para moitos feligreses, e asombrosa para cantos nos sorprendemos da súa cantidade en calquer época do ano, e a súa baixa temperatura, agradecida moito máis, despois dunha boa camiñada que remataba.

Coa cea conxunta viñeron os contos arredor do farol, os momentos inesquecibles con tan boísima compaña. E co sono a pernocta co ruído do vento nas copas das árbores. Unhas árbores que vemos crecer ano tras ano. En cada tradicional ruta nocturna.

Porque o obxectivo, tamén está en seguir.

José M. Menéndez