XI PRIMAVERA EN RUTA: firme nos obxectivos

XI PRIMAVERA EN RUTA: firme nos obxectivos

XI PR Terras altas de Soneira

XI PR Terras altas de Soneira

Para rematar o ciclo da Primavera en Ruta deste ano, fixémolo ao grande.

Logo das presentacións e meter nas mochilas os bocatas e o tríptico, visitamos a fervenza do Rabiñoso (paraxe excepcional) ao comezo do día espectacular. Serviunos tamén para estimular a subida a Pico de Meda, con paradas para coller folgos e comentar aspectos que ían xurdindo. Chegado a ese gran balcón que permite recrearse coas impresionantes vistas, tivemos a sorte dun ceo completamente despexado.

Logo de divisar o mar e lugares coñecidos, iniciamos o descenso para dirixirnos a mámoa da mina ou da pedra da lebre. Neste lugar ben coñecido por Evaristo, trasladamos a nosa imaxinación ao período megalítico gracias ás explicacións do noso guía, e collemos dirección Parga facendo uns dous km pola beira do río. O bocadillo xa pesaba moito na mochila e decidimos dar boa conta del nun campo a beira da canle fluvial, preto da ponte do Sisto. Xa cheos e logo dunhas risas, seguimos camiño o cruceiro do Sisto para continuar a ver o pouco que queda das Torres do Surribado. A Agra da Cruz foi a nosa seguinte parada onde tivemos coñecemento da aparición de “tégulas” romanas e outros achádegos que confirman a romanización destas terras.

A igrexa de Gándara e o seu magnífico cruceiro, agardaba por nós nunha tarde espléndida e despois dirixímonos a Vilaestevez para admirar as súas casas de pedra ben traballada, encher as cantimploras, e subir o castro cultivado na súa croa.

Xa coa tarde esmorecendo o camiño lévanos a Carreira para visitar a aldea e o seu museo do liño. Alí atendeunos Perfecto. Moi amablemente como sempre, amosounos os traballos relacionados co liño, e dirixímonos para rematar o día e coller o bus de regreso, a praia fluvial da mesma Carreira e aquel fermoso entorno. Fixemos foto de grupo e voltamos satisfeitos co día vivido polas terras de Zas.

O noso agradecemento a Evaristo e a todas/os participantes por contribuír ao gozo deste derradeiro día do ciclo deste ano.

Unha nova xeira de rutas espallou esta XI PRIMAVERA EN RUTA de novo polos recunchos perdidos da nosa contorna. Os espazos esquecidos que seguen a ser obxectivo da entidade a través dun programa de andainas que cumple 11 anos coas mesmas premisas que se iniciou.

Hoxe máis que nunca, nesta Primavera en Ruta que foi verán, os obxectivos que parecían rebuscados fai uns anos, maniféstanse hoxe como conductas asumibles xa por tod@s.

Creo que puxemos neste tempo un importante gran de area para transformar a unha sociedade local máis ansiosa hoxe de natureza, de rural, de posta en valor do patrimonio local, e de establecer destinatarios locais para unhas actividades con limitado volume de participación e abondosa interpretación do patrimonio.

Isto fai que proxectos como a PRIMAVERA EN RUTA se establezan e ganen enteiros ano tras ano, consolidándose como iniciativas transversais para a revitalización do noso rural.

A situación sanitaria fixo que a primavera fora en verán, e que moita xente tivera que quedar fora de poder participar nas andainas. Que quedara tamén ao marxe de poder compartir camiño, conversas e tantos proxectos que nacen delas. Nada non pon máis tristes que esta anómala situación pola que pedimos desculpas.

Nada nos fai máis felices que poder compartir este proxecto transversal con entidades veciñais, persoeiros das parroquias, Protección Civil de Carballo, Concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Malpica de Bergantiños e Zas. E sobre todo, toda a xente de Senda Nova.

Seguimos firmes nos obxectivos.

 

XI PR Terras Altas De Soneira

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank