Mañá entraremos nunha nova estación do ano. Os meses de outubro, novembro e decembro son meses especiais para desfrutar do sendeirismo polas paisaxes da Costa da Morte.
O programa do Outono en Marcha vaise facendo maior a través dunha 12 edición que agarda á volta da esquina. As botas están preparadas e listas para voltar á lama das corredoiras (senón as esnaquizaron).
Queremos botalo a andar contigo a través da presentación do vindeiro sábado 30 ás 12. A xuntanza terá lugar no Espazo da natureza de Oza e está aberta a todos/as aqueles/as que desexen compartir connosco unhas verbas. De xeito especial están convidados/as as persoas colaboradoras e representantes de entidades que aportan a este proxecto conxunto.
Posteriormente, aqueles/aquelas que o desexen poderán participar no xantar conxunto no mesmo espazo. Só será necesario que aportes algo de comida para compartir e poder pasar uns momentos agradables con nos.
Agardámoste.