O CORISTANCO HISTÓRICO emerxe con forza cada ano dende o interior da comarca.
CORISTANCO HISTÓRICO é o mellor nexo de Senda Nova na confluencia de dúas comarcas irmáns e de costumes tan diferentes. Con paisaxes tan desiguais. De clima tan afastado: Xallas e Bergantiños
O itinerario doctora cada ano en cultura, paisaxe e esforzo, ao camiñante inexperto. E revalida a toda esa participación veterá que, a modo de loita co paso do tempo e as engurras, segue vivir a base de esforzo físico e mental, a carón do deporte a convivencia e o patrimonio.
Aínda así, desta volta foi máis curto. O itinerario minguou para que os compañeiros de Tameiga que nos visitaran, chegaran a unha hora prudencial ás súas vivendas de Mos. Que gran labor a do Territorio As Pedriñas e a Mancomunidade de Montes de Tameiga!
A comitiva de Pontevedra, grande en número, sacrificio e animosidade, encheu o corpo, coma o resto de camiñantes, dun calmuzo canso. Pero o medio cento de participantes mantivo a compostura en cada costa ou curva que expoñía a corredoira do camiño.
As paradas propostas tampouco deixaron indiferente a ninguén. Ben serviron para folgos e sobre todo para o aprendizaxe. Foi dificil superar o museo de Asunción Antelo, espallado desta volta cara o sul de Galicia. Mais Martín Rabuñal e o omnipresente multiguía Evarísto foron capaces de exprimir os recunchos especiais convertidos en paradas para coñecer. Mesmo o escritor local Jose Antonio Andrade, achegou a Ferreira nun día atarefado, para unha presenza curta pero ben agradecida.
Os balcóns do Cotón de Ferreira ou alto da Fonte Silva, serviron para ir vendo o extenso camiño andado sorteado a través de costas arriba, e costas abaixo.
Salpicado de igrexas como as de Seavia, Couso ou Ferreira. Sementado de lendas. Con aldeas pousadas entre fértiles agras, branco das cámaras dxs compañeirxs de Tameiga.
Unha senda que recorreu minas de volframio, castros, mámoas e o corazón das aldeas onde nos recibíu a xente.
Coristanco Histórico é conectar de cheo coa poboación local. É sentirse orgullosos dos itinerarios e das nosas aldeas. É o mellor exemplo para seguir con estas actividades.