Novo número de ABRINDO CAMIÑO o día 5 de abril

Novo número de ABRINDO CAMIÑO o día 5 de abril

O vindeiro sábado día 5 de abril verá a luz un novo número da revista ABRINDO CAMIÑO. A publicación periódica de Senda Nova está de volta cos mesmos obxectivos que a viron nacer. Trátase dun número 4 que se suma ao 0, 1, 2, 3 e que será a 5º edición dunha publicación que vai crecendo pouco a pouco.

A presentación está aberta ao público en xeral, que poderá levar xa o seu exemplar para a súa casa o mesmo día a partires das 12:30. De xeito especial están convidados e convidadas socias e socios de Senda Nova e anunciantes da revista. Tamén están convidadas as persoas colaboradoras, que enchen de palabras un novo número de ABRINDO CAMIÑO. De xeito especial, representantes de entidades ambientais, culturais, veciñais e plataformas en defensa da terra.

Tratarase dunha presentación especial, que contará coa participación dos participantes da 13 edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo.

XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN

Despois da presentación terá lugar no mesmo sitio un xantar de irmandade que terá por obxectivo principal xuntar a socios e simpatizantes de Senda Nova con representantes doutros colectivos relacionados coa defensa da terra. A este xantar podeste anotar enviando waxappp ao número 611037617 antes do vindeiro día 3 de abril.

Máis info  611037617    sendanova@hotmail.com