A A. Ambiental Senda Nova xunto co G.N. Hábitat e ADEGA levan a cabo as actividades do programa EU QUERO CARBALLO. O proxecto, organizado polo Concello de Carballo no que colaboramos estas tres entidades, pretende achegar o patrimonio natural, cultural e paisaxístico do litoral do carballés a través de case 30 accións durante os meses de xullo, agosto e setembro.
As iniciativas intentan poñer a lupa en cada unha das áreas partrimoniais da rica xeografía das parroquias de Lema, Rebordelos, Noicela, Vilela, Oza e Razo, de xeito especial no Espazo Natural de Razo-Baldaio. Cultura, paisaxe e ecoloxía son os puntos de partida para actividades de coñecemento da Píllara das Dunas, obradoiros de biodiversidade, creacción de microreservas, rutas xeolóxicas e culturais, obradoiros de pegadas…e outras moitas accións de balde, adaptadas ao público en xeral e nunha época de máxima afluencia de persoas á costa.
Aínda así, as actividades queren achegarse á poboación local, a través da localizacón das accións e a propia participación.
Dende Senda Nova aportamos a experiencia da realización de actividades nestes espazos de xeito contínuo a través dos diferentes programas que realizamos. Deste xeito, participaremos neste programa a través de actividades de achegamento ao medio nocturnas, rutas para descubrir os segredos naturais das parroquias costeiras, itinerarios xeolóxicos ou obradoiros de pegadas.
Moi interesante a xeira de accións e enfoque das mesmas de cara a un maior coñecemento e respecto por unha zona provilexiada. Salientar tamén a colaboración entre diversas entidades e organismos e o traballo previo de creacción dun extenso programa divulgativo levado a cabo por entidades con dilatada experiencia nestas accións.
Para apuntarvos só tedes que enviar o formulario correspondente á actividade en cuestión dentro do prazo correspondente. Lembrade que hai límite de prazas.
Calquer aclaración non dubidedes en poñervos en contacto coa entidade correspondente segundo a actividade.
Aquí tedes a xeira completa de actividades e a info sobre as mesmas.
http://www.carballo.org/euqueroRB/presentacion.php?idioma=gl