A 9º ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO da a saída dende o ESPAZO DA NATUREZA DE OZA a través do primeiro dos grupos de nenos e nenas que formará parte do proxecto na súa edición 20-21.
A agardada nova edición da Escola Ambiental iníciase con máis interese que nunca nas actividades deste tipo onde priman as sesións no medio natural e ao aire libre. Damos deste xeito e por outra banda, resposta ao interese de familias que participaron noutras edicións e tamén ao interese de novos pais, nais e rapazada, que queren apuntarse por vez primeira ao proxecto máis ambicioso de Senda Nova.
PARTICIPA. COMO FACER A PREINSCRIPCIÓN.
Aínda que non poderemos acoller o volume de anos anteriores debido a situación excepcional na que vivimos, o prazo de preinscrición segue aberto para aqueles nenos e nenas de Carballo que cursen entre 3º e 6º de primaria dos colexios de Carballo. Estableceranse en calquera caso quendas de grupos fixos. Aqueles interesados en información ou formalizar a preinscrición, podedes poñervos en contacto con Senda Nova nos contactos sendanova@hotmail.com ou nos teléfonos 611037617 611037614.
LUGAR E TIPO DE ACTIVIDADES
Como en anos anteriores, as actividades da Escola Ambiental teñen a súa base principal en accións ao aire libre coas diferentes temáticas de ecoloxía, cultura e achegamento físico ao medio. Distribúense nun total dunhas 30 sesións, unha vez por semana dende decembro ata o verán e divídense en sesións no ESPAZO DA NATUREZA DE OZA ( nos exteriores e aula de formación) e en sesións no medio ( excursións, rutas, xornadas de ornitoloxía, achegamento ao medio…).
As primeiras serán os sábados de 10 a 13 e as segundas predominarán as cronoloxías de mañá e tarde nos diferentes puntos da comarca de interese patrimonial.
Agradecer o apoio do Concello de Carballo co proxecto.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A ESCOLA AMBIENTAL AQUÍ