ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DA ESCOLA 21-22
A Escola Ambiental 21-22 quece motores.
Comezan os preparativos para unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo e ábrese o prazo de pre-inscrición para os nenos e nenas que desexen anotarse a unha nova programación de actividades de potenciación do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico dentro da nosa bisbarra. Varias familias e integrates de Senda Nova deronse cita onte no Espazo da Natureza de Oza co obxectivo de difuncir e animar á participación desta vindeira edición do programa máis longo da entidade e no que colabora de xeito importante o Concello de Carballo.
Os destinatarios son nenos e nenas carballeses de entre 3º e 6º de educación primaria, que poderán formalizar a súa proposta de entrada a partir de agora.
COMO FORMALIZAR A PREINSCRICIÓN?
Para formalizar a pre-inscrición a Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo é necesario entregar o formulario de pre-inscrición cuberto no Espazo da Natureza de Oza (aberto mércores, xoves e venres de 17 a 20h) ou tamén na Libraría Clarión, situada na Rúa Valle Inclán de Carballo (dentro do seu horario de apertura).
Os formularios serán repartidos polos centros de ensino carballeses e tamén estarán disponibles nos mesmos centros de recollida (Espazo da Natureza de Oza e Libraría Clarión).
DATA LÍMITE
A data límite de entrega dos formularios será o xoves 18 de novembro. Dado o límite de prazas da Escola Ambiental, estas serán asignadas por orde de entyrega da preinscrición.
Máis info: https://www.sendanova.org/escola-ambiental
Telef. 611037617 sendanova@hotmail.com