Un ano máis, as entidades da AD Media Ducia e a AA Senda Nova unímonos para unha actividade conxunta de coñecemento e ocio na época das setas e as castañas.
A actividade ten como obxectivo o coñecemento do entorno a través de elementos propios do outono como son as setas e as castañas. Tamén camiñar por espazos rurais e tamén, como non, o compartir momentos entre integrantes de ambas entidades. Ao rematar a andaina, xuntarémonos arredor dun avituallamento e un refrixerio e compartiremos momentos entre nos.
Agradecerlle á AD Media Ducia o esforzo na preparación da actividade así como a labor imprescindible e diaria no fomento do deporte en Bergantiños, sobre todo nas idades máis tempranas.
Podédesvos apuntar ata o xoves anterior a unha andaina que terá lugar a partires das 10h do día 28 dende o ESpazo da natureza de Oza.
No cartel vos ven os diferentes lugares de inscripción.
Alí nos vemos.