MÁIS DE 60 VIDEOS DE APOIO DO MUNDO DA CULTURA AVALAN A PRIMAVERA EN RUTA NA PRESENTACIÓN DA SÚA XV EDICIÓN

MÁIS DE 60 VIDEOS DE APOIO DO MUNDO DA CULTURA AVALAN A PRIMAVERA EN RUTA NA PRESENTACIÓN DA SÚA XV EDICIÓN

Presentacion XV PR

Presentacion XV PR

Presentacion XV PR 3

Presentacion XV PR 3

Presentacion XV PR 2

Presentacion XV PR 2

 

Máis de medio cento de persoas recibiron a XV PRIMAVERA EN RUTA nunha mañá fría e solleira no Espazo da Natureza de Oza.
Entre os integrantes estaba Miguel Ángel Vales, concelleiro de medioambiente do Concello de Carballo, Patricia Bello, concelleira de cultura do Concello da Laracha e Noelia Freijeiro, concelleira de cultura do Concello de Malpica de Bergantiños. Ademais destes concellos, na XV edición desta Primavera en Ruta tamén colaboran o Concello de Zas e o de Trazo.

Pero a Primavera en Ruta fai encaixe de bolillos máis alá das administracións e do voluntariado de Senda Nova. Protección Civil de Carballo, habitual colaborador dende os inicios do programa, mantén a axuda co proxecto como tamén o fan entidades vinculadas ao rural a través das parroquias e persoeiros das mesmas que se encargan de descifrar o patrimonio espallado polas nosas comarcas.

RAPAZADA DA ESCOLA AMBIENTAL

Especial protagonismo tiveron as rapazas e rapaces da Escola Ambiental, encargados de desenvolver integramente a presentación dun programa de actividades que se fixo maior cos mesmos principios e obxectivos que na primeira das edicións. E é que a PRIMAVERA EN RUTA pretende percorrer unha a unha cada ruta deseñada no seu momento co afán de poñer en valor cada punto interpretativo, cada vestixio histórico, cada lugar de interese ambiental ou paisaxístico da nosa contorna.

APOIOS AO PROXECTO

Na presentación tiveron especial protagonismo todos os apoios amosados ao proxecto que cumpre agora 15 anos. Estes apoios en forma de vídeos curtos chegaron dende persoas vinculadas ao mundo do ensino e da cultura como Celso Fdez Sanmartín, Rosalía Fdez Rial, Festival de Pardiñas, Comunidade de Montes de Tameiga, Seminario de estudos Comarcais da Costa da Morte, Asoc. para a defensa do Patrimonio…. Tamén representantes de entidades relacionadas co rural como entidades veciñais e culturais da bisbarra ou donos de lugares importantes por onde pasamos.
Destacaron tamén responsables de empresas de turismo activo de varios lugares de Galicia e tamén de Asturias, Cantabria e Castela. Entidades ecoloxistas como Mavea, Verdegaia ou a mesma FEG Federación Ecoloxista Galega. Persoas relacionadas co mundo da arqueoloxía, do teatro…etc.

Agradecer fondamente a todos e todas os que nunha semana escasa achegaron máis de 60 vídeos de apoio que proxectamos no acto de presentación nos que tamén se incluíron mensaxes de valorización do proxecto por parte das administracións e por medio dos rexidores de Malpica de Bergantiños, A Laracha, Carballo ou Zas ou o vicepresidente da Deputación Xosé Regueira.

Moitas grazas a cada un/ha de vos.

MATERIAL GRÁFICO AO FINAL

O programa desenvolverase do seguinte xeito:

  • Ruta 1. O SON DO ANLLÓNS

 (Carballo, Coristanco, Ponteceso)

Anllóns, arteria principal de Bergantiños

7 abril

Distancia aproximada    15 km

Dificultade baixa

 

  • Ruta 2. CAMIÑOS DE ALDEMUNDE

(Cerceda, Carballo, Tordoia)

A máxia do bosque atlántico

14 abril

Distancia aproximada  7 km

Dificultade baixa

 

  • Ruta 3. CORISTANCO HISTÓRICO                                                                                    (Coristanco)

Patrimonio e historia

21  abril

Distancia aproximada  15 km

Dificultade media

 

  • Ruta 4 RUTA DAS MÁMOAS                                                                                              ( Cabana de Bergantiños)

                  Tesouros megalíticos

28 abril

Distancia aproximada   14 km

Dificultade baixa

 

  • Ruta 5 FORZA DO RÍO CHONIA

(Trazo)

Segredos na meseta de Ordes

5 maio

Distancia aproximada  16 km

Dificultade baixa

 

  • Ruta 6 COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE

(Malpica de Bergantiños)

Xeoloxía, arqueoloxía e paisaxe

21 maio

Distancia aproximada           15 km

Dificultade  media-baixa

 

  • Ruta 7           TERRAS ALTAS DE SONEIRA                                                                                                (Zas)

Soneira dende o alto

19 maio

Distancia aproximada      16km

Dificultade media-baixa

 

.  Ruta 8       CAMIÑOS DE CAIÓN

(A Laracha, Carballo)

Miradoiros do Atlántico

26 maio

Distancia aproximada      14 km

Dificultade baixa

 

COMO SE REALIZAN AS CAMIÑADAS

  • As andainas sufriron modificacións, sendo estas de menos percorrido e menos dificultade que en edicións anteriores. Aínda así, comeremos o bocata da comida xuntos. A hora de chegada dependerá da andaina.
  • Coñecendo mellor o noso entorno, porque paramos para aprender. Para ofrecer os nosos coñecementos e para escoitar aos que aportan.
  • Dende a organización encargámonos de recollerte no transporte nos lugares habilitados e devolverte ao mesmo lugar.
  • Camiñamos en grupo.
  • Os roteiros foron deseñados para pasar por lugares de interese cultural, natural e paisaxístico. Para poñer en valor o noso patrimonio e para escapar do asfalto.
  • Integrámonos nas dinámicas.

 

NON TE ESQUEZAS

 

           Puntualidade

  • O teu avituallamento e a auga
  • Calzado e roupa axeitada. Haberá lama seguro!
  • Nunca deixes a mochila, un impermeable, navalla, gorra, protección solar e…a cámara de fotos!
  • Sentimos que nalgunhas saídas e, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno, as prazas poden ser limitadas.
  • Que as actividades poden sufrir modificacións.

 

 

 

INSCRIPCIÓNS          

 

Lugares de inscripcións:

 

Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                                        luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

Espazo da Natureza de Oza                                          mércores, xoves e venres   de 17 a 20h.  

 

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

 

Prezos:

Non soci@s:  Maiores de idade: 8 €    Menores de idade 6€

Soci@s: Maiores de idade 6€            Menores de idade 4€

 

 

Lugares de saída: 

A Laracha: diante do concello          Carballo: rúa Venezuela

Malpica: diante do concello                Zas: diante do concello

Trazo: diante do concello

 

 

 

MÁIS INFORMACION

 

Apuntamentos participantes de fora de Bergantiños e Soneira INFÓRMATE

www.sendanova.org

sendanova@hotmail.com

tf 611037617   

facebook

 

Triptico XV Primavera en Ruta 1

Triptico XV Primavera en Ruta 1

Triptico XV Primavera en Ruta 2

Triptico XV Primavera en Ruta 2

Cartel XV Primavera en Ruta

Cartel XV Primavera en Ruta

Descargar cartel en PDF
Descargar triptico pdf