IPresentacion 16 Primavera en Ruta 3
Carteis e tripticos ao final do artigo
Máis de 60 persoas se deron cita no Espazo da Natureza de Oza para recibir á 16 Primavera en Ruta nun acto onde foi protagonista a rapazada da Escola Ambiental, e que se converteu tamén nunha xornada de portas abertas onde os propios nenos e nenas difundiron aos asistentes as actividades que realizan.
A 16 edición ten como subtítulo XUNTAS, en homenaxe a todas cantas entidades levan colaborando durante estes 16 anos e que amosan que o proxecto é precisamente un encaixe de axudas entre concellos, entidades e as persoas que formamos Senda Nova.
Este ano, como homenaxe a este xeito de entender o proxecto, facilitamos e impulsamos a participación dunha boa xeira de entidades, que se achegarán dende o ámbito local a participar nas andainas polas súa parroquia e concello. É o caso da Asociación Lourido de Coristanco, a A. V. de Aldemunde de Arriba ou a entidade Veciños polo Rural de Cerceda.
A estas entidades súmase a Plataforma da zona central asturiana Salvemos Peñamayor, que loita a prol da terra dende este encrave. Tamén dende Asturies nos visitará o Grupo Naturalista Mavea, que centra a súa actividade na contorna de Avilés.
Estas entidades encaixan coa participación do Concello de Guitiriz dentro do seu programa deportivo de andainas.
Ademais destas entidades é importante a axuda en difusión e coordinación a Escola Oficial de Idiomas de Carballo que, xunto coa labor de Protección Civil de Carballo, apoian cun importante esforzo.
Coma sempre é vital o apoio dos concellos. Deste xeito, o Concello de Carballo, o Concello da Laracha e o Concello de Malpica de Bergantiños apoian o proxecto e facilitan lugares de apuntamento e saídas dende os diferentes territorios para cada unha das rutas. A estes concellos tamén se suma o Concello de Zas e o Concello de Trazo.
Todas estas novidades conviven con vellos obxectivos: o que nos uniu fai 16 anos para coincidir en percorrer de xeito periódico o patrimonio de todas as andainas que deseñamos. Polo menos unha vez ao ano. Deste xeito a Primavera en Ruta renovase en esforzo dende a base de obxectivos fixos e claros e que formulan unha diagnose do territorio, ao percorrelo de xeito regular, e visitando de xeito interpretativo os lugares máis interesantes das parroquias que visitamos.
Dende aquí e ademais de todas as entidades participantes e colaboradoras, queremos agradecer o gran esforzo dos grupos colaborativos de Senda Nova, grazas aos cales os proxectos fanse maiores.
Aquí vai o desenvolvemento do proxecto:
Presentacion 16 Primavera en Ruta 4
Presentacion 16 Primavera en Ruta 2
Presentacion 16 Primavera en Ruta 1
SENDEIRISMO PARA COÑECER
XUNTOS
O río de Bergantiños
Coa participación do Grupo Naturalista Mavea (Asturies)
23 marzo
Distancia aproximada 16 km
Dificultade baixa
O bosque na encrucillada
Coa participación de
Asociación Veciños polo Rural ( Cerceda) e A. de Veciños de Aldemunde de Arriba
30 marzo
Distancia aproximada 7 km
Dificultade baixa
Coa participación da Plataforma Salvemos Peñamayor (Asturies)
Paisaxe malpicá
6 abril
Distancia aproximada 15 km
Dificultade media-baixa
Segredos megalíticos
13 abril
Distancia aproximada 14 km
Dificultade baixa
Patrimonio conxunto
Coa participación da Asociación Lourido (Coristanco)
27 abril
Distancia aproximada 16 km
Dificultade media
Miradoiros do Atlántico
Coa participación do Concello de Guitiriz dentro do seu programa de andainas Guitiriz en Ruta 2025
11 maio
Distancia aproximada 14 km
Dificultade baixa
Zas en estado puro
18 maio
Distancia aproximada 16km
Dificultade media-baixa
Recunchos de Trazo
25 maio
Distancia aproximada 16 km
Dificultade baixa
COMO SE REALIZAN AS ACTIVIDADES
NON TE ESQUEZAS
Puntualidade
INSCRIPCIÓNS
Lugares de inscripcións:
Base de Protección Civil de Carballo.
Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar Luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha
Praza do Concello s/n 2º andar Luns a venres de 9:30 a 13:30h
Casa do Concello de Malpica de Bergantiños
Oficinas xerais Luns a venres 9:30 a 13:30h
Espazo da Natureza de Oza Xoves e venres de 17 a 20h.
Escola de idiomas de Carballo
Pazo da Cultura 1º andar Martes 18 a 20h.
Data límite de inscripción:
Ata 2 días antes de cada roteiro
Prezos:
Non soci@s: Maiores de idade: 8 € Menores de idade 6€
Soci@s: Maiores de idade 6€ Menores de idade 4€ Grupo de colaboracion de S. N. De balde
Lugares de saída:
A Laracha: Diante do concello Carballo: Centro Comercial Bergantiños
Malpica: Centro cívico Zas: Diante do concello
Leiloio: Bar a Cunca Trazo: Iglesia de Restande
MÁIS INFORMACION
Apuntamentos participantes de fora de Bergantiños INFÓRMATE
tf 611037617
HORARIOS DE SAÍDA
RUTAS | Malpica | Leiloio | A Laracha | Carballo | Zas | Trazo |
1 Son do Anllóns | 8:55 | 9:05 | 9:00 | 9.15 | – | – |
2 Camiños de Aldemunde | 8:55 | 9:05 | 9:00 | 9:15 | – | – |
3 C. Agreste de Cerqueda e Cambre | 9:35 | 9:30 | 9:00 | 9:15 | – | – |
4 Ruta das Mámoas | 8:55 | 9:05 | 9:00 | 9:15 | – | – |
5 Coristanco Histórico | 8:55 | 9:05 | 9:00 | 9:15 | – | – |
6 Camiños de Caión | 8:55 | 9:05 | 9:30 | 9:15 | – | – |
7 Terras altas de Soneira | 8:55 | 9:05 | 9:00 | 9.15 | 9:45 | – |
8 Forza do Río Chonia | 8:55 | 9:05 | 9:00 | 9:15 | – | 10:00 |
|
Cartel jpg 16 Primavera en Ruta
Tritico1 16 Primavera en Ruta
Tritico2 16 Primavera en Ruta
Descarga aqui o cartel en pdf
Descarga aqui o triptico en pdf