UN 10º INVERNO ANCESTRAL CHEO DE PROPOSTAS

UN 10º INVERNO ANCESTRAL CHEO DE PROPOSTAS

presentacion 10 INVERNO ANCESTRAL

presentacion 10 INVERNO ANCESTRAL

cartel 10 inveno ancestral

cartel 10 inveno ancestral

O pasado día 9 de novembro comezaba o 10 INVERNO ANCESTRAL, acompañando ao Apalpador nas visitas ás escoliñas rurais da Costa da Morte. Estas visitas continuaron nos días posteriores e están enmarcadas no programa ESPIAS NO BOSQUE financiado pola Deputación da Coruña.

RECIBIMENTO AO APALPADOR

O 10 INVERNO ANCESTRAL tamén inclúe unha programación intensa de actividades, que se extende polos meses de decembro, xaneiro e febreiro. Entre ditas actividades ten importancia especial o RECIBIMENTO AO APALPADOR, que se celebrará un ano máis dende a aldea de Carreira, no concello de Zas, coa colaboración do propio Concello de Zas e a Asociación de Veciños O Santiaguíño de Carreira. A actividade celebrarase o vindeiro sábado 27 de decembro a partires das 17h e incluirá unha serie de propostas para os máis pequenos que, ademais do recibimento ao carboeiro do Courel, poderán participar en obradoiros relacionados co coñecemento da natureza.

Ademáis, contaremos coa participación do Grupo de gaitas Churía, visitas guiadas para coñecer a historia e etnografía da aldea ou a visita guiada ao Museo do Liño de Carreira. Todo isto será antes dunha noite na que se agarda a chegada do Apalpador e a súa comitiva, que virá dende os montes de Pico de Meda.

CONVERSAS DO RURAL

Nesta programación invernal teñen tamén cabida a xeira de CONVERSAS DO RURAL, un programa de faladoiros que intenta dar a coñecer proxectos e entidades que dinamizan entornos de aldea e que potencian os valores culturais e ecolóxicos de diferentes entornos importantes. A programación destas actividades sitúase no ESPAZO DA NATUREZA DE OZA, o cal enche de acción durantes os meses de inverno. A maioría das conversas serán ás 19h.

A programación vai como segue:

recorte cartel 10 inverno ancestral

recorte cartel 10 inverno ancestral

Ademais de todas estas actividades, realizanse OBRADOIROS DE PEGADAS E INDICIOS en Montemaior, cunha práctica no entorno do río Bradoso.
E para celebrar o DIA INTERNACIONAL DAS ZONAS HÚMIDAS, viaxaremos ao ESTEIRO DO ANLLÓNS o vindeiro 31 de xaneiro, achegándonos a un dos espazos máis importantes a nivel ecolóxico de toda a bisbarra.

Todas as actividades son de balde.

Máis info: sendanova@hotmail.com    611037617