Cartel 15 Outono en Marcha
Na mañá do pasado sábado 10 poñíase de longo a 15 edición do Outono en Marcha, un dos programas tradicionais de Senda Nova e dos máis lonxevos xunto coa Primavera en Ruta e a Escola Ambiental.
Ao acto acudiron representantes do Concello de Carballo e Concello da Laracha, entidades colaboradoras. Protección Civil de Carballo e a Escola Oficial de Idiomas de Carballo son outros dos colectivos que repiten esforzos nun proxecto que se fai maior cos mesmos obxectivos que comezou.
NOVAS ENTIDADES
Como sinalaron dende a presentación Adrián Eirís, Miriam Sánchez e Jose Manuel Menéndez, Senda Nova é a “enerxía de activación” dun proxecto que xunta esforzos con entidades de diversa índole para “salientar, coñecer e revalorizar un patrimonio bergantiñá nutrido e diverso”. É por iso que se suman novas axudas coa incorporación á iniciativa da asociación Mallas de Area. A dinámica entidade malpicá participará na andaina PEGADAS DO WOLFRAMIO, que por outra banda se incorpora á Semana do Patrimonio impulsada pola Rede do Patrimonio.
A entidade UN PASO MÁIS participará na segunda das andainas pola costa carballesa. RAZO BALDAIO PARA PROTEXER acollerá ao alegre grupo da asociación carballesa.
MÚSICA CO GRUPO PAUSA DE HIDRATACIÓN
A presentación da xeira de rutas tivo continuidade coa presentación do grupo PAUSA DE HIDRATACIÓN. O trío mozo bergantiñá formaba por vez primeira no Espazo da Natureza de Oza, transmitíndonos ritmos alegres con temas tanto versionados como propios durante a velada da presentación.
Hugo Gerpe, Leo Aboy e Carlos Cotelo de entre 15 e 17 anos amosáronse ilusionados co futuro da banda e o público e a organización agradeceron a música e a presencia no acto.
Ao acto asistíu tamén unha boa representación da masa social de Senda Nova e de xeito especial da directiva e grupo de colaboración.
Miriam, Adrián e Jose M. incidiron na importancia das andainas interpretativas dentro da filosofía da entidade, destacando o compromiso da mesma co patrimonio que percorren ano a ano, conseguindo pasar por todos os lugares unha vez ao ano durante máis de 20 anos de entidade. O compromiso, que se fraguou nos primeiros anos de asociación segue a ter continuidade, algo que é todo un logro baseado no esforzo do voluntariado de Senda Nova e que serve como auténtica diagnose do territorio rural da Costa da Morte.
Dende a propia directiva, e representando á mesma, Adrián Eirís e Jose M. Menéndez incidiron nos agradecementos ao voluntariado, de xeito especial ao grupo activo de colaboración.
Material gráfico ao final do artigo
O programa de rutas vai de seguido
15º OUTONO EN MARCHA
Adiante!
. SENDA DAS CAPELAS (A Laracha)
18 outubro Distancia 9,8 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:30
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
25 outubro Distancia 3,5 km
Saídas
Concello da Laracha 9:00h
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
. TERRAS DO MARQUÉS (Carballo)
1 novembro Distancia 6,2 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:30h
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
8 novembro Distancia 18 km
Saídas
Concello da Laracha 9:00h
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
15 novembro Distancia 8,2 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:00 Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15
22 novembro Distancia 10,5 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:00
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
Camiñamos para aprender
*Camiñamos para aprender sobre a nosa contorna, para descifrar o mellor da cultura, paisaxe e medio natural das nosas aldeas.
* A inscrición ás actividades inclúe:
O guiado e condución da mesma
O transporte dende os lugares de orixe e a volta aos mesmos ao finalizar.
* Seguro de accidentes
Non te esquezas de
* Traer o equipo necesario para a actividade que realizas:
Calzado e roupa axeitados, mochila, impermeable e unha prenda de abrigo na mochila
Comida e botellín con auga.
* Puntualidade
* No rural da nosa contorna hai lama e en Galicia chove.
*Se dispós da condición física para o desenvolvemento das actividades
*Facilitar aos guías a súa labor para un mellor desenvolvemento da actividade.
* Será de obrigado cumprimento un respecto escrupuloso polo medio natural, evitando deixar pegada innecesaria.
* Se ecolóxico, aproveita ao máximo a actividade. Aporta e escoita.
Todas as andainas son de dificultade baixa
Prazas limitadas. As actividades poden sufrir modificacións.
INSCRIPCIÓNS
Lugares de apuntamento:
(persoas de fora de Bergantiños, poñerse en contacto connosco)
Base de Protección Civil de Carballo.
Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha
Praza do Concello s/n 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Espazo da Natureza de Oza Mércores, xoves e venres de 17 a 20h.
Escola de Idiomas de Carballo. Pazo da Cultura. 1º andar. Martes de 18 a 20h
Data límite de inscripción:
Ata 2 días antes de cada roteiro
Non socixs: Socixs:
Maiores de idade: 8€ 6€
Menores de idade: 6€ 4€
Grupo de colaboradores/as de Senda Nova: de balde
MÁIS INFORMACION
sendanova@hotmail.com tf 611037617

presentacion 15 outono en marcha

presentacion 15 outono en marcha

presentacion 15 outono en marcha

presentacion 15 outono en marcha

Cartel 15 Outono en Marcha


Triptico 15 Outono en Marcha
Descargar AQUI o cartel
Descargar AQUI o tríptico