8ª Primavera en Ruta, resumo dunha experiencia diferente

8ª Primavera en Ruta, resumo dunha experiencia diferente

8 pr O Son do Anllóns

8 pr O Son do Anllóns

 

Esquece calquera idea preconcebida de sendeirismo, esquece a comodidade e facilidade de unha ruta convencional e entra na 8º PRIMAVERA EN RUTA  levada a cabo por SENDA NOVA en colaboración cos Concellos de Carballo, Laracha, Zas e Malpica de Bergantiños.

Un radiante sol invitaba a que te ergueras cedo o pasado 2 de abril para comezar a primeira camiñada en Bergantiños , levando o nome de  “O son do Anllóns”.

A andaina a carón deste río que vertebra a comarca transmite paz con so oír correr a auga. Gozar do seu paisaxe, a súa frondosa vexetación, os muíños ou inclusive as igrexas que o conforman, dan moito ánimo para continuar coa seguinte ruta xa que esta nos deixa un bo sabor de boca.

“Coristanco Histórico”. Para min foi unha das rutas máis duras , pero ben e sabido que todo esforzo conleva a súa recompensa e, a miña neste caso foi a gran obra de Asunción, en Segufe. Foi a primeira vez que se visitaba a súa casa sen a presenza da Rexubeira de Bergantiños. Grazas aos seus versos entendemos mellor as zonas que visitamos e levamos os lugares e costumes da época. Tamén deixa un legado cunha gran obra feita coas súas propias máns e, queridos lectores, aproveitade a visítalo porque co finamento desta muller polifacética, quen sabe canto tempo perdurarán as grandes obras expostas no seu lar…

O sol volvía a estar presente neste longo percorrido, pero en lugar de desanimar polo cansanzo que produce andar baixo as fortes raiolas, remangas os pantalóns e continúas co seu caloriño ata que se agocha, pero non antes sen deixarnos gozar da maravillosa férveda do Rabiñoso, no linde con Zas, aínda que non será a última vez que pisemos este fermoso lugar.

Chegamos a terceira andaina e seguimos camiñando coa dificultade da ruta e a extensión en kilómetros. Pero o esforzo, coma sempre, ben val a pena porque nunha parte da ruta acompáñanos o caudal e a “forza do río Chonia”, unha paisaxe salvaxe que vai ata o Pazo de Vilacova, no cal os seus actuais donos nos permitiron a entrada a un lugar que conserva a frescura e tranquilidade do século XVI cando don Juan de Leis Moscoso Ponte de Andrade o mandou construír.

Baixámola dificultade e tócanos a “Ruta das Mámoas”. A estas alturas o que máis me gusta e que xa tes confianza coa xente que camiñas, empezamos a ser unha pequena ou gran familia segundo a ruta, e cada paso faise máis interesante.

As explicacións aportadas en gran medida por Evaristo das mámoas, do petroglifo de Campelo, os castros ou as Torres da Penela, fundadas por Lope Bermúdez e que tantas veces vemos o escudo da súa casa representada en lugares importantes como fachadas de igrexas, permiten imaxinarnos como vivían en aquela época; pero sen lugar a dúbida, a min o que máis me fascina son as lendas, como neste caso a da férveda do Pozo “Dorca” ou da Horca, a cal di que tiña unha grade de ouro pero que ninguén a puido coller porque estaba moi fonda.

Cando te das conta remata o mes de abril e entramos en maio pasando por “Terras altas de Soneira”, onde o que máis me impresionou foi Pico de Meda posto que as vistas son espectaculares, pois en días claros permítenos ver desde o Pindo ata Carballo ou desde Santa Comba ata Corme. Outra cousa que me chamou a atención foi o museo do Liño, que conserva utensilios de traballo propios da época e vimos tamén en una breve visita guiada, que o seguen a traballar hoxe en día facendo encargos personalizados.

E cando te queres dar conta atópaste na metade desta experiencia única e, de momento estanos a deixar un doce sabor de boca; sobre todo coa ruta que ven agora pola “costa agreste de Cerqueda e Cambre”. Non teño palabras para explicar a sensación de liberdade que produce camiñar tan preto do mar. O aire con olor a salgado impregna os poros, o sol volve a facer a súa grata labor de quentarche a cara lembrándoche que está preto o verán e todo isto encadrado nunha salvaxe e agreste costa galega que se ven a chamar “ Costa da Morte”, fai que sea una situación idílica e, polo cal, nos empurra a continuar coa sétima andaina polos “camiños de Caión”.

O calmuzo deste mes non nos desanimou a madrugar outro domingo maís . Pero sempre hai algúns que por isto me tachan de tola, que a onde vou un festivo se é o “ día para descansar “. E o único que se me ocorre responder é que, para min e a maioría dos “locos e locas” que nos erguemos tan cedo para camiñar una media de 20 km por ruta, é que me descansa a cabeza. Esgotase un pouco o corpo, pero libérase a alma e os pensamentos atrapados da voráxide da semana e, sobre todo sabendo que o que nos espera a continuación son as ben agradecidas vistas da costa de Caión.

E despois de visitar lugares que parecen sacados dunha postal, só me queda a insistencia. Insistencia que transmito a amigos, amigas e familiares para que tomen un rumbo diferente o que soe ser un domingo. Que cambien as tabernas ou o sofá por un día de andaina e aprendizaxe, porque non se trata do típico sendeirismo, senón que é máis ben camiñar por pracer mesturado con coñecementos históricos, da fauna ou incluso da vexetación.

Este ano compre destacar unha ruta engadida en homenaxe os 100 anos do pasamento de Eduardo Pondal. Foi unha ruta “rara” porque un anaco camiñabamos e outros íamos en autobús pero aínda así foi especial xa que nas 12 paradas asignadas os participantes lían versos do poeta de Ponteceso.

Neste caso o tempo non nos axudou moito posto que nos caeron unas treboadas, pero a pesar diso foi unha camiñada levadeira cun final especial xa que se recitou o tan coñecido e representante poema de “Fogar de Breogán” enfronte a súa casa.

E cos contos chegamos o 4 de xuño rematando a 8º PRIMAVERA EN RUTA  entrando nos “Ríos de Sofán”. A pesar de que foi unha andaina dura pola salvaxe vexetación e extensión en quilómetros, o encanto dos seus ríos fixo que nos esquecéramos de algunha que outra picadura das silvardas ou ortigas e, continuamos con máis ansia que nunca posto que este será o último esforzo a realizar.

Pero non será o último,  xa que agardo con ansia que cheguen as rutas do outono ou a próxima primavera para poder gozar e “sufrir” dunha maneira diferente de facer sendeirismo.

Fátima Cambón Varela