Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 11 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos: coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico.
Todo isto co condimento especial da estación de outono, onde as paisaxes bergantiñáns que vai recorrer este programa de andainas, se mostra máis espectacular.
Os nosos agradecementos a todo o voluntariado de Senda Nova polo apoio continuado ás actividades da asociación. Neste programa temos que agradecer de xeito especial aos concellos de Carballo, A Laracha e Coristanco pola colaboración desde o principio do proxecto e tamén por ser partícipe deste encaixe de bolillos. Agradecer tamén á Plataforma en defensa de Monte Neme, que un ano tras outro participa na programación, unha colaboración á que se suma o Instituto de Estudos Bergantiñáns, participando na andaina AS PEGADAS DO WOLFRAMIO, que percorre o Monte Neme.
De seguido vai o material gráfico do XI OUTONO EN MARCHA
Descarga aquí o cartel
Descarga aquí o triptico